Georgios Dedas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georgios Dedas
GDedas.jpg
Rethymno B.C.  – No. 9
Aleiro
Nacemento 2 de xaneiro de 1980 (34 anos)
Grecia Grecia
Nacionalidade Grecia Grecia
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Liga A1 Ethniki
Canteira Ment
Internacional Grecia
Carreira dende 1999
Equipos Grecia Ment (1999-2003)
Grecia Iraklis Thessaloniki (2003-2006)
Galicia Breogán Lugo (2006-2007)
Galicia Beirasar Rosalía (2007-2009)
España Cáceres (2009-2010)
Grecia PAOK Thessaloniki (2010-2011)
Grecia Rethymno B.C. (2011-presente)

Georgios Dedas (en grego: Γιώργος Δέδας, tamén: Giorgos Dedas), nado o 2 de xaneiro de 1980, é un xogador profesional de baloncesto grego que xoga para o Rethymno Aegean B.C. na A1 Ethniki, máxima competición do baloncesto heleno. Cunha altura de 1,98 metros, xoga na posición de aleiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou como profesional nas filas do Ment da A2, división de prata de Grecia, o seu país natal. Na tempada 2003-04 asinaría polo Iraklis de Tesalónica da A1 Ethniki, onde permaneceu até que o Breogán Lugo da liga LEB Ouro o fichase en 2006 para substituír ao lituano Zavackas. Antes, fora un dos integrantes da selección nacional grega nos Xogos Mediterráneos de 2005.

Na tempada 2007-08 ficha polo Beirasar Rosalía, tamén de LEB Ouro, equipo ao que axuda a chegar aos playoffs de ascenso á liga ACB. Unha tempada máis tarde, no mesmo equipo non pode evitar o descenso tras unha serie de malos resultados deportivos.

En xullo de 2009 chega a un acordo co Cáceres 2016 da mesma categoría para reforzar o perímetro acompañando a Lucio Angulo, Francis Sánchez e Xavi Forcada, onde se converteu no xogador máis efectivo do equipo máis aló da liña de 6,75. En agosto de 2010 confírmase o seu regreso ao baloncesto heleno tras acandar un acordo co PAOK Thessaloniki da A1 Ethniki.

Equipos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]