Georges Claude
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Georges Claude, nado en París o 24 de setembro de 1870 e finado o 23 de maio de 1960, foi un químico, físico e inventor francés.
Traxectoria [editar]
Ao redor de 1902 foi o primeiro en aplicar unha descarga eléctrica nun tubo selado e con gas neon coa idea de crear unha lámpada. Inspirado en parte pola invención de Daniel McFarlan Moore, a lámpada de Moore, Claude inventou a lámpada de neón mediante a descarga eléctrica dun gas inerte comprobando que o brillo era considerábel.
En Cuba, en 1930, grazas á idea de Arsène d'Arsonval (1851-1940), construíu o primeiro proxecto de utilización de enerxía maremotérmica baseado no gradiente térmico oceánico.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Georges Claude, le génie fourvoyé. Rémi Baillot. EDP Sciences (2010). Modelo:ISBN