George Thorogood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


George Thorogood, nado en Wilmington (Delaware) o 24 de febreiro de 1950, é un cantante de blues e rock estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coa banda de The Delaware Destroyers acadou importantes éxitos con versións de clásicos do blues e do rock como Bo Diddley, Muddy Waters ou Jonh Lee Hooker. O seu maior éxito foi Bad to the Bone. Dos seus dezaseis álbums, acadou dous discos de Platino (Live e The Baddest of George Thorogood and the Destroyers) e seis de ouro. Leva vendidas unhas quince millóns de copias. As súas discográficas foron Rounder, MCA, EMI, Eagle e CMC International.

Foi tamén un notable xogador de béisbol.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Thorogood