George Hadley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

George Hadley, nado en Londres o 12 de febreiro de 1685 e finado en Flitton o 28 de xuño de 1768, foi un avogado e meteorólogo inglés. Descubriu a célula de Hadley. Foi o irmán menor do matemático e inventor John Hadley. Asistiu á Universidade de Oxford, e máis tarde foi o responsábel das observacións meteorolóxicas da Royal Society de Londres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]