George Grey Barnard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Grey Barnard

George Grey Barnard, nado en Bellefonte, Pensilvania o 24 de maio de 1863 e finado en Nova York o 24 de abril de 1938, foi un escultor norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou a súa infancia en Kankakee, Illinois. Estudou na Escola de Artes de Chicago e entre 1883 e 1887 traballou no obradoiro de P. T. Cavelier en París mentres estudaba na École des Beaux-Arts. A súa primeira exposición realizouna en 1894 e constituíu un grande éxito. En 1896 volveu aos Estados Unidos.
Nas súas primeiras obras a influencia de Rodin faise evidente, as súas principais esculturas son The Boy (1885), Cain (1886), posteriormente destruída, Brotherly Love (1887), Two Natures (1894), The Hewer (1902), Great God Pan.
En 1912 realizou numerosas figuras para o novo capitolio estatal en Harrisburg, Penilvania. Unha estatua colosal de Abraham Lincoln que realizou en 1917 foi controvertida no seu tempo pola súa feitura.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Grey Barnard Modificar a ligazón no Wikidata