George Bellows

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorge Bellows

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1882 Editar o valor em Wikidata
Columbus, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1925 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGreen-Wood Cemetery (pt) Traducir 40°39′02″N 73°59′44″O / 40.65066, -73.995457 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBellows, George Wesley Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
Central High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York
Maine
California
Santa Fe Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , mestre , litógrafo , profesor universitario , gravador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorArt Students League of New York (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato, Arte de paisaxes e pintura de xénero Editar o valor em Wikidata
MovementoEscola Ashcan (pt) Traducir e American realism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresRobert Henri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosWilliam Gropper (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de febreiro de 1913Show de Arsenal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeEmma S. Bellows (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAnne Bellows Kearney (en) Traducir, Jean Bellows Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 75 Editar o valor em Wikidata

George Wesley Bellows, nado en Columbus (Ohio) o 12 de agosto[1] de 1882 e finado en Nova York o 8 de xaneiro de 1925, foi un pintor e litógrafo estadounidense, coñecido polas súas intrépidas representacións da vida urbana en Nova York.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade Estatal de Ohio entre 1901 e 1904, xogou nos equipos universitarios de béisbol e baloncesto e realizou ilustracións para Makio, o anuario dos estudantes. rexeitou unirse ós Cincinnati Reds como xogador profesional de béisbol[2] e traballou como ilustrador comercial mentres estudaba. En 1904 marchou a Nova York para estudar arte.[3] Bellows foi alumno de Robert Henri na Escola de Arte de Nova York e integrou o grupo coñecido como The Eight da Ashcan School, un grupo de artistas que pretendían pintar a sociedade norteamericana en todas as súas formas. En 1906 Bellows alugou o seu propio estudo.

Nova York[editar | editar a fonte]

Bellows participou por primeira vez nunha exhibición en 1908 organizárona os alumnos de Henri e os críticos recibírona con disparidade de criterios. En 1909 comezou a dar clases na Art Students League of New York.

New York (1911)

As escenas urbanas do Nova York de Bellows reflicten a crueza e o caos da clase traballadora e dos barrios, as clases altas aparecen satirizadas frecuentemente nos seus traballos. Entre 1907 e 1915 realizou unha serie de pinturas amosando Nova York cuberta de neve. Esas pinturas foron un campo de probas no que Bellows xoga coa cor e a textura visual que despois serán centrais nas súas pinturas.[4] Elas exhiben un contraste total entre o azul e branco da neve e as superficies, esgrevias e cotrosas, da cidade e creando unha imaxe esteticamente irónica dos igualmente esgrevios e costrosos homes loitando por limpar as impurezas da neve pura. Con todo foi a serie de pinturas retratando boxeadores afeccionados a súa contribución máis salientable á historia da arte[5] Esas pinturas caracterízanse pola súa atmosfera escrura, nas que as pinceladas brillantes das figuras humanas vividamente dan un forte sentido de movemento e dirección.

Temas sociais e políticos[editar | editar a fonte]

O aumento do seu prestixio como pintor dan cun cambio a súa vida e obra, aínda que continuou os seus temas anteriores, Bellows comezou a recibir peticións para retratos e convites da elite de Nova York e comezou a pasar os veráns en Maine, pintando paisaxes mariñas en Monhegan e na illa de Matinicus.

Ó tempo, o sempres socialmente consciente Bellows asociouse cun grupo de artistas e activistas radicais, chamados The Lyrical Left, que tendía ó anarquismo na súa procura dos dereitos individuais. Bellows ensinou na Escola Moderna de Nova York (que seguía as ideas de Francesc Ferrer e foi membro do consello editorial do xornal socialista, The Masses ó que tamén contribuía con debuxos e litografías a comezos de 1911. Bellows que cría que a liberdade artística do autor tiña que estar por riba de calquera política ideolóxica editorial tivo problemas mantivo un apoio público á intervención dos Estados Unidos na primeira guerra mundial e realizou unha serie de litografías e pinturas coas atrocidades cometidas polos alemáns durante a invasión de Bélxica, a máis famosa foi The Germans Arrive, baseada nun relato real e que amosaba un soldado alemán contendo un mozo belga coas mans cortadas. O seu posicionamento non lle impediu criticar a censura interior e a persecución que a Lei de espionaxe permitía contra os disientes antibelicistas.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Os lenzos dos últimos anos de Bellows céntranse na súa vida doméstica, coa súa muller e fillas como obxectos centrais das súas obras, que amosan tamén un incremento programado e teórico cara a cor e o deseño, unha marcada diferenza coas súas obras anteriores.

Litografías[editar | editar a fonte]

Bellows fixo contribucións significativas, axudando a divulgar o seu uso como medio artístico nos Estados Unidos. En 1916 instalou unha prensa litográfica no seu estudio e entre 1921 e 1924 colaborou con Bolton Brown na realización de máis dun cento de imaxes. Bellows tamén ilustrou numerosos libros durante a súa carreira, incluíndo varios de H. G. Wells.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donald Braider, George Bellows and the Ashcan School of Painting, 1971; George William Eggers, George Bellows 1935; Mary Sayre Haverstock et al, Artists in Ohio, 1787-1900, 2000; Frank Crowninshiel, Memorial Exhibition of the Work of George Bellows, 2005
  2. Bellows biography, National Gallery of Art Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Consultado o 2 de xaneiro de 2009.
  3. "National Gallery of Art". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2008. Consultado o 02 de xaneiro de 2009. 
  4. George Bellows: Love of Winter Arquivado 17 de agosto de 2007 en Wayback Machine. Consultado o 2 de xaneiro de 2009.
  5. http://www.nga.gov/cgi-bin/pbio?2050 Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Bellows biography, National Gallery of Ar

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]