George Bancroft (historiador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é o artigo sobre George Bancroft, historiador e político norteamericano, se procura outra persoa co mesmo nome vexa George Bancroft.
George Bancroft

George Bancroft, nado en Worcester, Massachusetts, en 1800 e finado en Washington en 1891, foi un historiador e político norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia que se remontaba á época dos primeiros europeos en América, educouse nas mellores institucións educativas dos Estados Unidos e Alemaña. Foi Secretario de mariña (1845-1846) e fundou a Escola Naval de Annapolis. Foi tamén embaixador en Londres (1846-1849) e en Berlín (1867-1874), Bancroft asinou con Prusia e outros estados alemáns os coñecidos como tratados Bancroft, considerados o primeiro recoñecemento do dereito de expatriación.

Como historiador escribiu History of the United States (1837).