George Arliss
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Arliss, nado en 1868 e finado en 1946, foi un actor británico.
Traxectoria[editar]
Comezou actuando no teatro, en 1921 marcha a Estados Unidos e protagoniza o seu primeiro film, The Devil, seguido por Disraeli. En 1929 protagonizou unha nova versión sonora de Disraeli, pola que gañou un Oscar. Protagonizou numerosos filmes históricos como Alexander Hamilton, Voltaire e Cardinal Richelieu.
Publicou en dous volumes a súa autobiografía, Up the Years from Bloomsbury (1927) e My Ten Years in the Studios (1940).
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |