George Abecassis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Abecassis
Image of none.svg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of the United Kingdom.svg Británico
Anos en activo 1951 - 1952
Escudería(s) HWM
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Suíza de 1951
Derradeiro GP Gran Premio de Suíza de 1952

George Abecassis (Chertsey, Surrey 1913Ibstone 1991) foi un piloto británico de Fórmula 1 que correu con HWM en 1951 e 1952.
Antes da Segunda Guerra Mundial destacou nalgunhas carreiras que correu nun Alta 12/50 privado, clasificouse segundo no Crystal Palace Plate e no Imperial Plate de 1938. En 1939 gañou o Imperial Plate. Durante a guerra pilotou un bombardeiro da RAF e en arriscadas misións aéreas en Francia.
Trala guerra entra no equipo técnico de Alta e desenvolve un novo coche para a Fórmula 1. Xunto ao seu amigo John Heath fundou Hersham & Walton Motors, empresa o dedicada a desenvolver coches deportivos con motores Alta que despois entru na Fórmula 1. Con eses automóbiles actuou nos dous Gran Premio de Suíza en 1951 e 1952, valederos para o campionato do mundo.
Tamén formou parte do equipo Aston Martin para as carreiras de Sport e resistencia nos primeiros anos 1950's. Coa morte de Heath en 1956, Abecassis deixa a competición e en 1957 HWM pecha.