General Dynamics F-111 Aardvark
| General Dynamics F-111 Aardvark | |
|---|---|
| Tipo | |
| Fabricante | General Dynamics |
| Primeiro voo | 2 de decembro de 1964 |
| Introducido | 18 de xullo de 1967 |
| Retirado | 2010 |
| Estado | retirado |
| Construídos | 563 |
O General Dynamics F-111 Aardvark foi un interceptor e avión de ataque táctico de alcance medio que tamén realizou labores de bombardeiro estratéxico, recoñecemento e avión de guerra electrónico nas súas diversas versións. Desenvolvido nos anos 60 por General Dynamics, entrou en servizo no ano 1967 coa USAF. A Real Forza Aérea Australiana (RAAF) tamén pedíu o avión e comezou a operar o F-111C en 1973.
O F-111 foi pioneiro en varias tecnoloxías aeronáuticas, como ás de xeometría variable, motores turbofan con post-combustión e afterburning turbofan engines, e rádar automatizado de seguimento de terreo a voos a baixo nivel e alta velocidade. O seu deseño influencio a modelos posteriores con ás de xeometría variable, e algunha das súas avanzadas características foron dende entón comúns. Durante o desenvolvemento inicial, o F-111 pasou por varios problemas e moitos dos roles que debería desempeñar, como intercepción naval, co F-111B, non se materializaron.
As versións da USAF do F-111 retiráronse nos anos 90, sendo o F-111F retirado en 1996 e o EF-111 en 1998. Sería substituído polo F-15E Strike Eagle para ataques de precisión de alcance medio, e polo B-1B Lancer en misións de bombardeo supersónico. A RAAF foi o derradeiro operador do F-111, onde servíu ata decembro do ano 2010.