Gene Vincent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Gene Vincent
Genevincent015e.jpg
Nome completo Vincent Eugene Craddock
Naceu 11 de febreiro de 1935
Orixe Norfolk (Virginia) Flag of the United States.svg
Morreu 12 de outubro de 1971 (36 anos)
Instrumento(s) voz, guitarra
Tempo en activo 1955 - 1971

Vincent Eugene Craddock, nado en Norfolk (Virginia) o 11 de febreiro de 1935 e finado en California o 12 de outubro de 1971, foi un músico estadounidense pioneiro do rock and roll e do rockabilly, coñecido como Gene Vincent. O seu éxito de 1956 con The Blue Caps, "Be-Bop-A-Lula", é considerado un destacado exemplo dos primeiros tempos do rockabilly. É membro dos Rock and Roll e Rockabilly Halls of Fame.