Gavialoidea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gavialoidea
Rango fósil: Cretáceo tardío - Actual
(desde hai 72,1 millóns de anos)

Gavial, Gavialis gangeticus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Superfamilia: Gavialoidea
Hay, 1930
Subgrupos

Ver texto

Gavialoidea (gavialoideos) é unha das tres superfamilias de crocodilianos, as outras dúas son Alligatoroidea e Crocodyloidea. Coñécense moitas especies extintas desta superfamilia, pero os seus únicos representantes vivos son o gavial (Gavialis gangeticus) e o falso gavial (Tomistoma schlegelii). Este clado inclúe todos os crocodilianos máis estreitmente emparentados con Gavialis gangeticus que con Crocodylus niloticus e con Alligator mississippiensis.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Os Gavialoidea conteñen a familia Gavialidae e varias formas basais extintas como Thoracosaurus e Eosuchus. Dentro de Gavialidae hai dúas subfamilias: Gavialinae, que inclúe o gavial vivo, e Gryposuchinae, que comprende varias formas extintas como Gryposuchus e Aktiogavialis.[1]

Ademais destes grupos, os estudos moleculares recentes indican consistentemente que o falso gavial (e por inferencia outras formas extintas relaciondas), que tradicionalmente se consideraba que pertencían á subfamilia Tomistominae pertencen tamén a Gavialoidea.[2] Como indica o seu nome, o falso gavial pensábase antes que só estaba distantemente relacionado co gavial a pesar da súa aparencia similar. O falso gavial e outros tomistominos foron clasificados tradicionalmente na superfamilia Crocodyloidea como parentes próximos dos crocodilos. Esta clasificación estaba baseada en evidencias morfolóxicas, as cales cando se incorporaron ás análises filoxenáticas, a miúdo situaban o grupo dentro dos Crocodyloidea.[3]

A continuación móstrase un cladograma segundo Vélez-Juarbe et al. (2007) que representa as relacións filoxenéticas dos Gavialoidea, excluíndo os tomistominos.[1]

Gavialoidea 

Eothoracosaurus

Thoracosaurus

Eosuchus

Argochampsa

Gavialidae 

Eogavialis

Gavialis

Gryposuchinae 

Ikanogavialis

Piscogavialis

Siquisiquesuchus

Gryposuchus

Aktiogavialis

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Vélez-Juarbe, Jorge; Brochu, C.A.; Santos, H. (2007). "A gharial from the Oligocene of Puerto Rico: transoceanic dispersal in the history of a non-marine reptile". Proceedings of the Royal Society B 274 (1615): 1245–1254. PMC 2176176. PMID 17341454. doi:10.1098/rspb.2006.0455. 
  2. Willis, R. E.; McAliley, L. R.; Neeley, E. D.; Densmore Ld, L. D. (June 2007). "Evidence for placing the false gharial (Tomistoma schlegelii) into the family Gavialidae: Inferences from nuclear gene sequences". Molecular Phylogenetics and Evolution 43 (3): 787–794. PMID 17433721. doi:10.1016/j.ympev.2007.02.005. 
  3. Gatesy, Jorge; Amato, G.; Norell, M.; DeSalle, R.; Hayashi, C. (2003). "Combined support for wholesale taxic atavism in gavialine crocodylians" (PDF). Systematic Biology 52 (3): 403–422. doi:10.1080/1063515035019703. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2019. Consultado o 28 de agosto de 2017.