Gaussian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gaussian é un programa informático comercial utilizado en química computacional. A súa primeira versión desenvolveuna John Pople e o seu grupo en 1970 na Universidade Carnegie-Mellon, o seu nome procede da utilización por Pople de orbitais de tipo gaussiano para aumentar a velocidade de cálculo, aínda así os seus cálculos eran aínda limitados [1]. As primeira versións eran de balde mercé a un programa de intercambio con outras universidades, a partir de 1980 comezou a pagarse unha pequena cota e desde 1987 distribúeo comercialmente Gaussian Inc. Pola súa versatilidade e fácil manexo converteuse no programa estándar no campo da química cuántica [2] e emprégano químicos, enxeñeiros, bioquímicos, físicos e outros investigadores que traballan noutras áreas relacionadas coa química. O programa predí a estrutura molecular, frecuencias de vibración, enerxía e moitas outras propiedades dos sistemas moleculares

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Committee on Advanced Research Instrumentation, National Academy of Sciences, National Academy of Engineering, Institute of Medicine (2006). Advanced Research Instrumentation and Facilities. National Academies Press. pp. 29. ISBN 9780309180191.
  2. Frenking, Gernot (2004). "Publisher's note: Sir John A. Pople, 1925–2004". Journal of Computational Chemistry 2 (9).