Gatafornela
| Gatafornela | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Circus cyaneus | ||||||||||||
A gatafornela (Circus cyaneus) é unha ave de rapina que cría na paerte setentrional do hemisferio norte, incluindo Canadá e parte dos Estados Unidos e o norte de Eurasia
Índice |
Descrición [editar]
Son rapaces de alas longas, dunha envergadura de ata 105 cm, que manteñen formando unha V cando voan baixo. Os machos miden uns 43 cm de lonxitude fronte os aproximadamente 51 cm das femias. Os machos pesan entre 300 e 400 g, as femias, claramente máis pesadas, de 410 a 710 g. Os dous sexos teñen plumaxes ben diferenciadas: as femias, moi semellantes as doutras especies da familia son castañas por riba, coas plumas cobertoiras da cola brancas e manchas castañas na parte inferior do corpo. Os machos adultos teñen o lombo gris cinza, a cabeza e o peito son azuis agrisados, as puntas das alas son negras. Diferéncianse doutras especies do xénero Circus pola falta da faixa alar negra. Os exemplares novos son semellantes as femia, castaños coa parte inferior raiada. Son aves ruidosas, doadas de escoitar nos arredores do niño.
Hábitat e distribución [editar]
Son aves en xeral de paisaxes abertas: uzais, pantanos e zonas acuáticas con áreas de canaval. Estivo espallada case por toda Europa, coa excepción de Islandia, o norte de África e o oeste de Asia, pero hoxe despareceu de moitas zonas.
Taxonomía [editar]
Comprende dúas subespecies, só unha segundo algúns autores:
- Circus cyaneus cyaneus: que cría en Eurasia.
- Circus cyaneus hudsonius: norteaméricana, de exemplares con plumaxe máis escura e considerada por algúns ornitólogos unha especie separada co nome científico. C. hudsonius
Alimentación [editar]
Capturan as presas voando baixo coas alas formando unha V e aproveitando os obstáculos do terreo para agacharse e caer sobre delas por sorpresa. O seu alimento principal son mamíferos pequenos e paxaros, aínda que capturan e comen tamen lagartos, ras e insectos. Os exemplares meirandes poden atraper crías de coello e perdices.
Reprodución [editar]
A partir dos meses de marzo ou abril comezan os seus voos de exhibición, moi vistosos. A parella voa xunta formando curvas, interrompidas por ascensos verticais do macho seguidos de caídas en picado. En ocasións un macho experimentado aparéllase con varias femias e ten que fornecer tódolos niños con alimentos.
Fan niños relativamente pequenos, construídos con herbas, follas e pauciños no chan, en zonas de vexetación mesta, preferentemente de terreos abertos. Poñen, cuns dous días de separación entre ovo e ovo, de 4 e 6 ovos con coloracións que varían do branco ó azul claro. Chocan entre 28 e 31 días, e os polos fican no niño 6 ou 7 semanas. Coma en case tódalas aves que crían no chan, as perdas de ovos e polos son moi elevadas: so chegan a voar de media 1,2 polos por niño, dos que o 60% morren no primeiro ano de vida.
Migracións [editar]
Na Europa occidental son aves sedentarias, mentres que os exemplares rusos e escandinavos pasan o inverno máis ó sur, no sur e centro de Europa e Turquía.
Nomes vulgares noutras linguas [editar]
- Alemán: Kornweihe
- Español: Aguilucho pálido
- Francés: Busard Saint-Martin
- Inglés: Hen Harrier
- Neerlandés: Blauwe kiekendief
- Polaco: Błotniak zbożowy
- Portugués: Tartaranhão-azulado
- Sueco: Blå kärrhök
Literatura [editar]
- Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1
Ligazóns externas [editar]
- A to Z of UK Birds(inglés)
- RSPB Conservación da Gatafornela no Reino Unido (inglés)