Gaspar de Zúñiga y Azevedo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Gaspar de Zúñiga y Azevedo, nado en 1560 e finado o 16 de marzo de 1606, foi un dos máis relevantes aristócratas galegos do século XVII. Quinto conde de Monterrei, alcanzou os cargos de vicerrei do Perú e de Nueva España.
Traxectoria[editar]
Fillo maior do cuarto conde de Monterrei, Jerónimo de Azevedo y Zúñiga. Estudou en Monterrei baixo a dirección de sacerdotes xesuítas. En 1578 entrou no servizo de Filipe II. Participou na campaña portuguesa, onde conduciu parte do exército do reino de Galicia, pagándoa do seu propio peto. Zúñiga tamén participou na defensa do Porto da Coruña cando foi atacado polo corsario inglés Francis Drake en 1589.