Gaspar Nava Álvarez de las Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGaspar Nava Álvarez de las Asturias
Biografía
Nacemento6 de maio de 1760 Editar o valor em Wikidata
Castelló de la Plana, España Editar o valor em Wikidata
Morte1815 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Capitán Xeral de Galicia
1 de setembro de 1809 – 23 de decembro de 1809
← Pedro Caro y SuredaRamón de Castro y Gutiérrez (en) Traducir →
Capitán Xeral de Galicia
29 de xuño de 1809 – 10 de xullo de 1809
← Jose de Mazarredo y Salazar (en) TraducirPedro Caro y Sureda →
Spanish ambassador to the Russian Empire (en) Traducir
5 de abril de 1802 – 10 de setembro de 1807
← Diego de Cañas y Portocarrero, Duke del Parque (en) TraducirBenito Pardo de Figueroa → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata

Gaspar Nava Álvarez de las Asturias, conde de Noroña, nado en Castelló de la Plana en 1760 e finado en Madrid en 1815, foi un militar e escritor español que se distinguiu durante a Guerra da Independencia española. Con frecuencia é citado erradamente como conde de Noreña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O militar[editar | editar a fonte]

Gaspar Nava Álvarez naceu en Castelló en 1760, cando seu pai era gobernador militar da cidade. Ingresou no exército español e serviu no asedio de Xibraltar (1782). Durante a Guerra do Rosellón, alcanzou o grao de coronel (1793). Foi embaixador acreditado perante o tsar de Rusia. Durante a Guerra da Independencia española incorporouse no Exército da Esquerda, baixo o mando do marqués de la Romana, como segundo comandante xeneral. Séndolle encomendada a misión de obstaculizar o avance do mariscal Ney cara a Vigo, o conde de Noroña dispuxo as súas tropas nos arredores de Ponte Sampaio, lugar que defendeu entre os días 7 e 9 de xuño de 1809, obrigando a retirarse a Ney. A vitoria liberou o sueste da Galiza dos franceses.

Aínda que Gaspar Nava figura nalgunhas listas como Capitán xeneral de Galiza en dúas datas distintas do ano 1809, en realidade este cargo ocupouno como subcomandante do marqués de la Romana, ante a imposibilidade deste de exercer o seu cargo, a súa función foi pois delegada. Como tal fíxose cargo da autoridade legal na Galiza e emitiu bandos. En 1811 foi nomeado gobernador militar de Cádiz.

O escritor[editar | editar a fonte]

O conde de Noroña foi tamén escritor de poemas e atribúenselle algunhas obras teatrais. Aínda que hoxe está bastante esquecido como escritor, foi no seu tempo un representante da poesía neoclasicista e prerromántica, amigo e compañeiro de armas de José Cadalso e admirador de Meléndez Valdés.

A antoloxía Poesías asiáticas puestas en verso castellano, publicada postumamente, inclúe as traducións de poesía árabe que fixo a partir de versións en inglés e en latín. Con elas encetou o gusto polo exótico e orientalizante en España, que desenvolverán José de Espronceda ou José Zorrilla[1], e deixou tamén pegada na obra de Gustavo Adolfo Bécquer[2]. Guiado polo lema horaciano de Carmina non prius audita... virginibus puerisque canto, Noroña pretendía renovar a poesía española contrastando "as composicións cheas de lume e imaxes pintorescas" dos orientais e a súa "calor e entusiasmo" coas "insulsas filosóficas prosas rimadas" dos franceses[3].

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • Poesías. Madrid. Imprenta de Vega y Compañía. 1799-1800.
  • Odas al coronel del regimiento de la Posma. Imprenta de la Calle de la Greda. 1807.
  • Omníada: poemas. Madrid. Imprenta Real. 1816, 2 vols.
  • Poesías asiáticas puestas en verso castellano. París. Imp. Julio Didot. 1833.

Existe unha escolma, relativamente recente, dos seus poemas so o título: Antología poética. Edición de Santiago Fortuño Lloréns. Madrid. Cátedra. 1997.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coletes Blanco, Agustín (1993) Un apunte sobre la fortuna de Tagore en España
  2. Bécquer, Gustavo Adolfo (1997) Rimas y leyendas (ed. de Francisco López Estrada e María Teresa López García-Berdoy). Colección Austral
  3. Polt, John H. R. Polt (1975). Poesía del siglo XVIII. Madrid: Castalia. p. 298. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]