Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O GasTerra Flames é un club profesional de baloncesto neerlandés con sede na cidade de Groninga, na provincia homónima. Actualmente xoga na Dutch Basketball League (DBL), a máxima categoría do baloncesto neerlandés. No ano 1982 o club gañou o seu primeiro campionato de liga, repetindo o título noutras dúas ocasión máis en 2004 e 2010 (até 2011).
- 1951 - 1973 : GSSV Donar
- 1973 - 1983 : Nationale-Nederlanden Donar
- 1983 - 1986 : GBV Donar
- 1986 - 1989 : Ahrend Donar
- 1989 - 1993 : VGNN Donar
- 1993 - 1995 : RZG Donar
- 1995 - 1996 : Celeritas/Donar
- 1996 - 1999 : RZG Donar
- 1999 - 2003 : MPC Donar
- 2003 - 2006 : MPC Capitals
- 2006 - 2009 : Hanzevast Capitals
- Dende 2009 : GasTerra Flames
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]