Garzas
| Garzas | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Garza branca (Egretta thula) |
|||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Cochlearidae |
|||||||||||||||||||||
As ardeidas (Ardeidae) son unha familia de aves Pelecaniformes[1][2] que inclúe máis de 60 especies, coñecidas xenericamente como garzas. As ardeidas hai quen as clasifica dentro da orde Ciconiiformes.
Son aves zancudas, e algunhas especies chegan a medir até 85 cm de alto. Xeralmente a súa plumaxe é branca, o seu peteiro amarelo e as súas longas patas grises, aínda que a plumaxe varía segundo a estación do ano. Aliméntanse de peixes, crustáceos e pequenos anfibios, e teñen como hábitat as zonas pantanosas ou próximas aos lagos de todo o mundo.
Xeralmente son solitarias, pero é normal velas reunidas en comunidade na época de cría. Aniñan en árbores altas, onde fan niños toscos, practicamente planos, e chegan a poñer até 6 ovos.
Índice |
Taxonomía [editar]
As ardeidas subdivídense en catro subfamilias e 19 géneros, algúns discutidos:[2]
- Subfamilia Tigrisomatinae
- Tigrisoma (3 especies)
- Tigriornis
- Zonerodius
- Agamia (1 especie)
- Subfamilia Cochleariinae
- Subfamilia Botaurinae
- Zebrilus
- Ixobrychus (8 especies vivas, 1 recentemente extinta)
- Botaurus (4 especies)
- Dupetor (a veces incluído en Ixobrychus)
- Subfamilia Ardeinae
- Gorsachius (3 a 5 especies)
- Nycticorax (2 a 4 especies vivas, 5 recentemente extintas)
- Nyctinassa
- Butorides (3 especies; a veces incluído en Ardea)
- Ardeola (6 especies)
- Bubulcus (1 ou 2 especies; a veces incluído en Ardea)
- Ardea (11 a 17 especies)
- Pilherodius
- Syrigma (1 especie)
- Egretta (7 a 13 especies)
-
Abetouro común
(Botaurus stellaris) -
Garza cinza
(Ardea herodias)
Notas [editar]
- ↑ Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ 2,0 2,1 Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xuño de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- The Internet Bird Collection.
- Tree Of Life.
- Sheldon, F. H. Jones, C. E. & McCracken, K. G. (2000) Relative Patterns and Rates of Evolution in Heron Nuclear and Mitochondrial DNA. Mol. Biol. Evol. 17(3): 437–450.