Gary Coleman
Gary Wayne Coleman[1], nado o 8 de febreiro de 1968 en Zion e finado o 28 de maio de 2010 en Provo, foi un actor estadounidense.
Traxectoria [editar]
Coleman é coñecido polo seu papel de Arnold Jackson na comedia de situación Diff'rent Strokes (1978–1986) e pola súa pequena estatura de adulto, xa que naceu cunha enfermidade conxénita do ril que lle provocou nefrite, unha destrución autoinmune do ril, que detivo o seu crecemento a unha idade moi temperá, quedando en 1.42 metros[2]. Coleman tivo dous trasplantes de ril, un en 1973 e outro en 1984, para alén requería diálise constante.
Durante os oito anos de emisión de Diff'rent Strokes Coleman foi unha figura popular, protagonizando varias longametraxes e telefilmes, como On the Right Track ou The Kid With the Broken Halo, este último serviu de base para que Hanna-Barbera producise a serie de animación O Show de Gary Coleman en 1982.
Notas [editar]
- ↑ "Scotsman obituary". News.scotsman.com. http://news.scotsman.com/obituaries/Obituary-Gary-Coleman-actor.6329572.jp. Consultado o 30 de novembro de 2010.
- ↑ Fallece el actor Gary Coleman, protagonista de "Diff'rent Strokes". EFE en Yahoo noticias, 28/05/2010