Garota de Ipanema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Garota de Ipanema" é unha canción de bossa nova escrita en 1962 por Vinicius de Moraes e musicalizada por Antonio Carlos Jobim. Está considerada a mellor das cancións escritas dentro da bossa nova, e foi un dos maiores éxitos musicais a mediados dos setenta.

A canción foi composta orixinalmente para unha comedia musical titulada Dirigível, que era unha obra na que estaba traballando Vinicius de Moraes. O título orixinal era "Menina que Passa". A primeira gravación comercial fíxoa Pery Ribeiro en 1962. A versión de Astrud Gilberto, co seu esposo João Gilberto e o saxofonista estadounidense Stan Getz, que aparece no álbum Getz/Gilberto de 1963, converteuse nun éxito internacional e foi utilizada en moitas películas, converténdose nun cliché dos frívolos anos 60.

En 1963 Norman Gimbel fixo unha adaptación da letra en inglés, "The girl from Ipanema".

A canción está inspirada en Heloísa Eneida Menezes Paes Pinto (tamén coñecida como Helô Pinheiro), unha moza de 18 anos que vivía sobre a rúa Montenegro, no distinguido e famoso barrio Ipanema, en Río de Xaneiro. Cada día pasaba polo popular bar-café “Veloso” camiño á praia, atraendo a atención dos concorrentes, entre eles Jobim e Moraes. En Revelação: a verdadeira Garota de Ipanema, Moraes escribiu que ela era:

[...] o paradigma do bruto carioca; a moça dourada, misto de flor e sereia, cheia de luz e de graça mas cuja a visão é também triste, pois carrega consigo, a caminho do mar, o sentimento da que passa, da beleza que não é só nossa — é um dom da vida em seu lindo e melancólico fluir e refluir constante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]