Garibaldo, duque de Turín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garibaldo, duque de Turín
Nacementoséculo VIxuliano
Falecemento10 de abril de 662
Lugar de falecementoTurín
Causadecapitación
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Garibaldo, finado en Turín en 662, foi un duque longobardo de Turín ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paulo Diácono non fornece indicacións precisas sobre o momento do seu nomeamento como duque de Turín, senón que o rexistra [1] como embaixador invitado polo rei Godeperto no 661 ante o duque de Benevento, Grimoaldo, ao que debía pedirlle axuda para que auxiliase ao soberano a expulsar ao seu irmán Perctarito co cal, segundo o testamento do seu pai Ariperto I, compartía o reino longobardo. Garibaldo, porén, traizoou a Godeperto, animando a Grimoaldo a botar aos dous irmáns e sentar no trono no canto deles.

Ao seu retorno a Turín, Garibaldo cae vítima dun homunculus da súa corte, que o agrediu na igrexa de San Xoán Bautista o día de Pascua: desenvaiñou a espada mentres o duque estaba chegando á pía bautismal, decapitouno dun só golpe, antes de ser matado á súa vez polo séquito de Garibaldo[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 51.
  2. Ibídem.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]