Garganta (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra garganta, voz de orixe controvertida (hai autores que a atribúen a unha onomatopea relacionada coa raíz garg- de gargallo, derivada do grego γαργαρίζειν gargarízein, a través do latín gargarizo, -as, -avi, -atum, gargarizare, 'gargarexar', mentres que outros tírana dun baixo latín *garganta, e este do grego γαργαρεόν gargareón, 'úvula'), pode referirse a:

  • en anatomía e fisioloxía,
    • á garganta ou gorxa, parte anterior do colo ou pescozo,
    • á rexión anatómica interna que corresponde a dita parte, e que comprende desde o veo do padal até o comezo do esófago e a farinxe,
    • popularmente, sinónimo de farinxe.
  • por extensión, á voz humana, usada en expresións como é un cantante de poderosa gargana,
  • en botánica, garganta é porción dun cáliz gamosépalo ou dunha corola gamopétala, onde o tubo comeza a ensancharse,
  • en oceanografía, garganta é a parte máis estreita dun canal, un porto etc.,
  • en xeomorfoloxía, garganta é un val encaixado, de vertentes abruptas, sinónimo de foz e tamén de desfiladeiro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]