Garfield e mailos seus amigos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Garfield e mailos seus amigos
FormatoComedia
Creado porJim Davis
IntérpretesAnimación
País de orixeEEUU
Episodios121
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
DPS Film Roman
Duración25 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Primeiro episodio1988
Derradeiro episodio1994
Na rede
IMDB: tt0094469 Allocine: 4683 Rottentomatoes: tv/garfield_and_friends TV.com: shows/garfield-friends
Youtube: UCBmgiPm4j50Z9zNTsUmb9Xw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Garfield e mailos seus amigos (Garfield and Friends) é a adaptación do cómic Garfield á pequena pantalla. Está protagonizada polo cínico personaxe da tira co mesmo nome. Este curioso gato foi creado polo debuxante Jim Davis.

A serie está producida por DPS Film Roman e conta con 121 episodios divididos en 7 temporadas (1988-1994). Cada un dos capítulos está formado por tres historias diferentes. Ademais conta cunha morea de especiais á venda en DVD. En Galicia puidemos desfrutar desta serie no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club na TVG, onde se emitiu durante moito tempo. Agora, pódese ver polas tardes na tvG2 no mesmo espazo.

As tiras cómicas de Garfield foron publicadas dende o 19 de xuño de 1978, considerando o dito día como o seu aniversario, dado que tódolos anos, na tira dese día, sempre se celebra.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Esta serie relata a vida diaria de Garfield, un gato gordo, preguiceiro e de cor laranxa. Este estraño espécime sempre está na compaña do seu dono Jon, persoa inocente e boa, e mais da súa outra mascota, Odie, un can de pouca intelixencia que sempre anda a molestar a Garfield. Ademais, en cada capítulo, aparece a historia dos animais pertencentes á "Granxa de Orson". Trátase da granxa dos pais de Jon e conta con diferentes personaxes que che ensinarán unha moral en cada capítulo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

Garfield naceu na cociña dun restaurante italiano. No momento de nacer pesou 2 quilos e medio (o cal é bastante para un gato). Ao nacer neste sitio, Garfield comezou a amar a lasaña, quizais a súa comida preferida. A pesar diso, el nunca lle dicía que non a un prato de comida. Ao ser tan mangallón, o director do restaurante tivo que vendelo a unha tenda de animais. Garfield é un gato cínico, malvado e de cor laranxa. As cousas que máis adora no mundo son tres: a lasaña, durmir todo o día e ver a televisión. Aínda que hai moitas outras cousas que tamén lle gustan: dar patadas a Odie, asustar e intentar atrapar os paxaros da fonte do xardín, matar arañas, falar sobre a vida con Pooky (o seu osiño de peluche), pasar olimpicamente dos ratos da casa, intentar ligar con Arlene, facerlle todo tipo de trasnadas ao carteiro... e moitas máis. Pero, pola contra, aborrece ata a morte os luns, que se fose por el, nunca existirían.
É o dono de Garfield. Traballa como debuxante de tiras cómicas. Está solteiro e foi por iso polo que decidiu comprar un gato para ter compaña na súa aburrida vida. Aínda que ao principio non estaba seguro do que ía comprar, se un gato ou unha iguana, acabou por compra-lo gato. Sempre que pode, intenta ligar con algunha moza, a cal sempre o acaba rexeitando pola súa idea que ten por unha cita.
É a outra mascota de Jon. Trátase dun can parvo e sen intelixencia algunha que deixa que Garfield o maltrate sen se queixar sequera. Por isto é polo que ten un gran corazón e sempre será o mellor amigo de Garfield, a pesar de todo o que lle fai. O que máis caracteriza a Odie é que sempre leva a súa lingua fóra, manchando o chan co seu cuspe. Ao primeiro era a mascota de Lyman, pero este regálallo e Jon queda con el.

Secundarios[editar | editar a fonte]

É unha gatiña guapa e educada cuxo único defecto é o oco que ten entre os seus dous dentes dianteiros. Este defecto é o argumento das continuas bromas que Garfield lle realiza. Son moi bos amigos, sempre que ela non se achegue ao seu prato de comida.
Nermal é o gato dos pais de Jon, así que este vai á casa de Garfield nunha chea de ocasións. Algunhas veces, Nermal sofre de todo por parte do seu inimigo Garfield, pero, outras veces é ao revés. Segundo el mesmo di, é o gato máis bonito do mundo. Non deixa nunca de anoxar a Garfield, polo que nunca se levaron ben dende que se coñeceron. Ademais, Nermal ándalle recordando continuamente a diferenza de idade que existe entre os dous.
É o osiño de peluche de Garfield. Dende que o atopou gardado nun caixón xa non se separou nunca máis del. Pookie é o mellor amigo de Garfield, xa que, como el di: "Nunca che quita a comida e sabe mante-la boca pechada".
É a veterinaria de Garfield e Odie. Jon leva ás súas mascotas onda ela sempre que pode, pois está namorado dela, pero ela só parece ter ollos para Garfield sen sequera prestar atención a Jon. A pesar disto, Liz e Jon tiveron algunha cita que, por suposto, rematou mal. Isto fixo que ela pensase que Jon é un plasta.
É un pallaso da televisión que está de moda nas tardes. Quéixase de todo e os seus chistes non fan graza a ninguén.

A granxa de Orson[editar | editar a fonte]

  • Orson
É un porco moi amigable. O seu pasatempo preferido é a lectura. Gústalle imaxinarse a si mesmo vivindo as aventuras do libro que está a ler.
  • Roy
É un galo sobranceiro que desfruta gastándolles bromas de moi mal gusto aos demais.
  • Wade
É un pato moi medroso que se asusta de todo canto existe. Sempre leva posto o seu flotador, o cal posúe a súa mesma cabaza reducida, que copia os seus movementos.
  • Bo
É unha ovella moi tranquila e cun carácter moi positivo. Nunca se alporiza por nada (xusto ao contrario que Wade).
  • Lanolín
É unha ovella moi ruidosa e pasa a maior parte do seu tempo discrepando co seu irmán Bo.
  • Booker
É un pequeno pito que sempre anda atrás dun verme.
  • Sheldon
É o irmán de Booker, que aínda segue no ovo, agás os seus pés, que si que saíron fóra.
  • Mort, Gort e Wart
Son os irmáns máis vellos de Orson, que sempre andan argallando algo para fastidiar a granxa do seu irmán máis novo.

Drobraxe ó galego[editar | editar a fonte]

  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Voz orixinal Voz galega
Garfield Lorenzo Music Luís Iglesia
Jon Arbuckle Thom Huge Antón Rubal
Odie Gregg Berger ?
Nermal Desirée Goyette Xulia Diz
Liz Wilson Julie Payne ?
Binky Thom Huge Gonzalo Faílde
Orson Gregg Berger Ramiro Taboada
Roy Thom Huge Xoán Diéguez
Wade Howard Morris Alfonso Agra
Bo Frank Welker Carlos Couso
Lanolín Julie Payne Ana Ouro
Booker Frank Welker Antón Ja
Sheldon Frank Welker Nacho Castaño
Mort Frank Welker ?
Gort Thom Huge ?
Wart Howard Morris ?
Cactus Jake Pat Buttram Alfonso Valiño
  • Os actores de dobraxe que lle prestaban a súa voz en galego aos irmáns de Orson son: Xoán Carballido, Fermín Encinar e Alfonso Valiño

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]