García Sarmiento de Sotomayor
| García Sarmiento de Sotomayor | |
|---|---|
| II Conde de Salvaterra Marqués de Sobroso Cabaleiro de Alcántara |
|
|
|
|
| 23 de novembro de 1642 - 13 de maio de 1648 | |
| Predecesor | Juan de Palafox |
| Sucesor | Marcos de Torres |
|
|
|
| 20 de setembro de 1648 - febreiro de 1655 | |
| Predecesor | Pedro Álvarez de Toledo y Leiva |
| Sucesor | Luis Enríquez de Guzmán |
|
|
|
| Nacemento | 1595 A Cañiza |
| Falecemento | 26 de abril de 1659 Lima, |
| Predecesor | Diego Sarmiento de Sotomayor |
| Sucesor | Diego Sarmiento de Sotomayor y Luna |
| Cónxuxe/s | Solteiro |
| Dinastía | Casa de Sarmiento |
| Pai | Don Diego de Sarmiento |
Don García Sarmiento de Sotomaior, Marqués de Sobreso e 2º Conde de Salvaterra , nado en 1595 e finado na Cañiza o 26 de xuño de 1659 en Lima, foi un galego vicerrei da Nova España, dende o 23 de novembro de 1642 ao 13 de maio de 1648, e do Perú, dende 1648 ata 1655.
Traxectoria [editar]
García Sarmiento de Sotomaior naceu na Cañiza na última década do Século XVI. Foi descendente de Don Diego de Sarmiento, un comendador da Orde de Alcántara.
Cando o vicerrei da Nova España Don Diego López Pacheco Cabrera y Bobadilla foi sospeitoso de relacionarse cos rebeldes portugueses, o rei Filipe IV nomeou a Sarmiento de Sotomaior no seu lugar. A López Pacheco cesouno o bspo Don Juan de Palafox y Mendoza antes da chegada do novo vicerrei. Palafox ocupou o vicerreinato só uns poucos meses, ata a chegada de Sarmiento. Este chegou á Cidade de México o 23 de novembro de 1642, e tomou posesión do cargo. Atopouse cunha colonia tranquila, en contraste cos disturbios en moitas outras partes do Imperio Español.
Como os anteriores vicerreis, enfrontouse en pouco tempo a grandes inundacións na cidade (1645). O Canal de Nochistongo estaba obstruido, o que provocou que a auga do Lago Zumpango se xuntara coa do Lago México, incrementando o seu nivel e inundando partes da cidade. O vicerrei ordenou limpar o canal, o que eliminou o perigo para a cidade.
O vicerrei enviou unha expedición (1648) para explorar, conquistar e colonizar as Californias, pero a expedición volveu sen atopar terras de interese. Sarmiento fundou tamén as cidades de Salvatierra, Guanajuato, e fundou a cárcere de Cerro Gordo, no camiño que une a Cidade de México coas minas de Parral. Firmou a paz con varias tribos indias na fronteira norte, e reprimiu as revelións doutras. Celebrou autos de fe en 1647 e 1648. O famoso estafador mexicano Martín Garatuza foi un dos castigados en 1648.
Como vicerrei do Perú [editar]
Traballou como vecerrei do Perú dende 1648 ata 1655, permaneceu alí en 1659.
Bibliografía [editar]
- "Sarmiento de Sotomayor, García," Enciclopedia de México, v. 12. Mexico City, 1988.(en castelán)
- García Puron, Manuel, México y sus gobernantes, v. 1. Mexico City: Joaquín Porrua, 1984.(en castelán)
- Orozco Linares, Fernando, Gobernantes de México. Mexico City: Panorama Editorial, 1985, ISBN 968-38-0260-5. (en castelán)
