Gante - Gent
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gent (neerlandés) Gand (francés) |
|
|---|---|
![]() localización do concello, no distrito e na provincia |
|
| Escudo | Bandeira |
| Xeografia | |
| Rexión | |
| Provincia | |
| Coordeadas | 51°3 N, 03°44 E |
| Área | 156.18 km² km² |
| Demografía | |
| Poboación – Homes – Mulleres – Densidade |
233.120 (01/07/2006) 48,93% 51,07% 1.493 hab/km² hab./km2 |
| Grupos de idade 0–19 anos 20–64 anos 65 anos ou máis |
(01/01/2006) 20,92% 61,21% 17,88% |
| Estranxeiros | 7,31% (01/07/2005) |
| Economia | |
| Desemprego | 14,22% (01/01/2006) |
| Renda per capita | 13.617 euros/hab. (2003) |
| Política | |
| Prefecto | Willy Demeyer (PS) |
| Coalición/Partido | SP.A, VLD, Spirit |
| Vereadores | 49 |
| Código Postal | |
| Código Postal | submunicipios (antigos municipios) |
| 9000-9052, 9000 9030 9031 9032 9040 9041 9042 9042 9042 9050 9050 9051 9051 9052 |
Gent Mariakerke Drongen Wondelgem Sint-Amandsberg Oostakker Desteldonk Mendonk Sint-Kruis-Winkel Gentbrugge Ledeberg Afsnee Sint-Denijs-Westrem Zwijnaarde |
| Outras informacións | |
| Código telefónico | 09 |
| Código NIS | 62063 |
| Páxina web | www.gent.be |
Gante (Gent en neerlandés, Gand en francés e Ghent en inglés) é unha cidade da rexión de Flandres, Bélxica. É a capital e a maior cidade da provincia de Flandres Oriental. A cidade naceu como un asentamento entre os ríos Scheldt e Lys e se convertiu na Idade Media nunha das cidades máis ricas do norte de Europa. Hoxe en día é unha cidade con moito comercio e actividade grazas ao seu porto e á súa universidade. A cidade atópase unida ao mar pola canle Ghent-Terneuzen e posúe a terceira estación de tren con máis actividade da Bélxica.
Cunha poboación de 233.120 habitantes no 2006, Gante é a terceira cidade do país en poboación despois de Antwerpen e Bruxelas. O actual alcalde da cidade é Daniël Termont, quen goberna cunha entre o SP.a e o VLD.
[editar] Habitantes célebres
- Saint Bavo, patrón de Gante (589-654)
- Henrique de Gante, escolástico e filósofo (c. 1217-1293)
- Jacob van Artevelde, político (c. 1290-1345)
- John of Gaunt, 1st Duke of Lancaster (1340-1399)
- Jan van Eyck, pintor (c. 1385-1441)
- Hugo van der Goes, pintor (c. 1440-1482)
- Jacob Obrecht, compositor do Renacemento (c. 1457-1505)
- Carlos I de España, Karel V, Charles Quint (1500-1558)
- Daniel Heinsius, pintor do Renacemento holandés (1580-1655)
- Caspar de Crayer, pintor (1582-1669)
- Frans de Potter, escritor (1834-1904)
- Jan Frans Willems, escritor (1793-1846)
- Joseph Guislain, físico (1797-1860)
- Hippolyte Metdepenningen, avogado e político (1799-1881)
- Luís XVIII de Francia, exiliouse a Gante durante a Guerra dos cen días en 1815
- Charles John Seghers, clérigo e misioneiro (1839-1886)
- Victor Horta, Art Nouveau arquitecto (1861-1947)
- Maurice Maeterlinck, poeta, guionista, esaísta, gañador do premio Nobel de Literatura (1862-1949)
- Frans Rens, escritor (1805-1874)
- Leo Baekeland, químico e inventor da Baquelita (1863-1944)
- Pierre Louÿs, poeta e escritor romántico (1870-1925)
- Corneille Jean François Heymans, fisiólogo, gañou o premio Nobel de Medicina (1892-1968)
- Suzanne Lilar, ensaísta, novelista, e guionista (1901-1992)
- Jean Daskalidès, xinecólogo (1922-1992)


