Ganshoren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Situación de Ganshoren dentro da Rexión Bruxelas-Capital

Ganshoren é un concello da Rexión Bruxelas-Capital, Bélxica. Comunidade bilingüe, antes de 1954 pertencía á parte neerlandófona da antiga provincia de Brabante. A súa superficie é de 2.46 km² e a poboación de 20.970 habitantes (2006) e ten unha densidade de poboación de 8.541 h/km². A corporación municipal está composta por 13 concelleiros de LB (coalición do partido socialista francófono e liberais e democristiáns flamengos), 8 Movemento Reformador, 3 democristiáns francófonos, 2 Ecolo e 1 Vlaams Belang.