Ganglios linfáticos centrais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os ganglios linfáticos centrais ou intermedios son un conxunto de ganglios linfáticos do membro superior humano, pertencentes aos ganglios axilares. Están situados na parte máis central deste grupo, no espesor da graxa axilar. Confórmano entre tres e catro ganglios, que recollen linfa doutros grupos axilares, e envían a linfa cara os ganglios linfáticos subclaviculares, tamén situados no grupo axilar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body. Edición de 1918 de dominio público.