Gana - Ghana
| Republic of Ghana República de Gana |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A República de Gana[1] é un país da África occidental, limitado a norte polo Burkina Faso, a leste polo Togo, a sur polo Golfo da Guinea e a oeste pola Costa do Marfil. Capital: Accra.
Índice |
Historia [editar]
A historia de Gana previamente ao último cuarto do século XV deriva basicamente da tradición oral, que refere ás migracións dos reinos antigos de Sahel — actualmente a Mauritania e Mali. Antes designada de Costa do Ouro, e renomeada para Gana na secuencia da súa independencia en 1957 debido ás indicacións que os actuais habitantes descenden de emigrantes que se moveron para o Sur do Imperio Gana. Unha das partes interesantes da historia de Gana é o retorno de libertos afro-brasileiros, formando unha comunidade chamada Tabón.
Ghana foi a primeira colonia da África negra en obter a independencia, en 1957, a partir da colonia británica de Costa do Ouro e do territorio de Togoland. Desde 1992 é unha democracia.
Política [editar]
- Artigo principal: Política de Gana.
Subdivisións [editar]
- Artigo principal: Subdivisións de Gana.
Ghana debúllase en 10 rexións, as cales á súa vez se dividen en 130 distritos.
A maior en superficie é a Setentrional, cunha área de 70.388 km², e a menor é a do Gran Accra, con 2.593 km². As menos poboadas son as dúas rexións fronteirizas do norte, Gana Occidental e Oriental, as cales tamén son as máis secas, pois encóntranse no límite meridional do Sahel. A zona sudoeste de todo o territorio é a máis chuviosa, fértil e densamente poboada.
A rexión-reino dos Ashanti ten unha forte identidade que inclúe o mantemento dunha monarquía con fortes poderes simbólicos, culturais e representativos. É a máis poboada, por encima incluso do Gran Accra, onde se atopa a capital.
As rexións de Gana son as seguintes:
Xeografía [editar]
Véxase tamén: Xeografía de Gana
Gana situase no golfo da Guinea, na África occidental, alguns graus apenas a norte do Ecuador. A metade do país fica a menos de 152 metros acima do nivel do mar, e o seu ponto máis elevado ten apenas 883 m. Os 537 quilómetros de costa son principalmente litorais baixos e areosos, tras dos cales se estenden planícies cobertas por vexetación de pequeno porte, interseitada por varios rios e ribeiros, a maioría dos cales só son navegábeis en canoas. Ao norte, perto da fronteira coa Costa do Marfil, estendese unha faixa de floresta húmida tropical interrompida por colinas densamente florestadas e moitos rios e ribeiros. Esta área, coñecida como Ashanti, produz moito do cacao, minerais e madeira do país. Ao norte desta faixa, a altitude varia entre 91 e 396 metros acima do nivel do mar e o territorio está coberto por arbustos baixos, sabana e chairas cobertas de herba.
O clima é tropical. A faixa costeira oriental é morna e comparativamente seca; o canto suroeste é quente e húmido; o norte é quente e seco. Existen dúas estacións das chuvias no sur: Maio-Xuño e Agosto-Setembro; no norte, as estacións das choivas tenden a fundirse. Un vento quente de nordeste, o harmadón, sopra en Xaneiro e Febreiro. A precipitación media anual na zona costeira é de preto de 83 centímetros.
O lago Volta, o maior lago feito polo home, estendese desde a barraxe de Akosombo no sueste do Gana ata á cidade de Yapei, 520 quilómetros para norte. O lago xera electricidade, provee unha via de transporte no interior e é un recurso potencialmente valioso para a irrigación e mais para a acuicultura.
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Gana.
Demografía [editar]
- Artigo principal: Demografía de Gana.
Cultura [editar]
- Artigo principal: Cultura de Gana.
- Literatura: Ama Ata Aidoo
Notas [editar]
- ↑ O Dicionario da Academia Galega trata a voz ganés como forma non normativa, utilizando como correcta ghanés e tanto a Enciclopedia Galega Universal como a Diciopedia do século 2 utilizan a forma Ghana
|
||||||||