Gamonal, Talavera de la Reina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gamonal e a serra de Gredos.

Gamonal é unha localidade española situada no concello de Talavera de la Reina, na provincia de Toledo (Castela-A Mancha). É unha entidade de ámbito territorial inferior ao municipio (EATIM).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Gamonal encóntrase sita na submeseta castelá sur, a 400 m de altitude sobre o nivel do mar, e próxima á Serra de Gredos. Sitúase no noroeste da provincia, próxima ás lindes coas provincias de Ávila (Castela e León) e Cáceres (Estremadura). Ten unha poboación de 943 habitantes (INE 2007).