Game of Thrones (tempada 4)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Game of Thrones (temporada 4)»)

Cuarta tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios10
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal6 de abril de 2014- 15 de xuño de 2014
Cronoloxía
Game of Thrones (tempada 3) Cuarta tempada de Game of Thrones Game of Thrones (tempada 5)

A cuarta tempada da serie de televisión Game of Thrones estreouse o 6 de abril de 2014 na canle HBO.[1]

Como as outras tres tempadas, a cuarta consta de dez episodios. Está baseada na segunda metade de A Storm of Swords, o terceiro libro da saga de novelas A Song of Ice and Fire creada por George R. R. Martin, da cal a serie é unha adaptación.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Elenco principal[editar | editar a fonte]

Peter Dinklage
(Tyrion Lannister)
Emilia Clarke
(Daenerys Targaryen)
Nikolaj Coster-Waldau
(Jaime Lannister)
Kit Harington
(Jon Snow)
Maisie Williams
(Arya Stark)
Gwendoline Christie
(Brienne de Tarth)
Rory McCann
(The Hound)
Iwan Rheon
(Ramsay Snow)

Elenco convidado[editar | editar a fonte]

En Desembarco do Rei
Na Baía dos Escravos
Alén do Muro
No Norte
  • Michael McElhatton como Lord Roose Bolton (2 episodios)
  • Peter Vaughan como Maestre Aemon (4 episodios)
  • Owen Teale como Alliser Thorne (5 episodios)
  • Dominic Carter como Janos Slynt (6 episodios)
  • Noah Taylor como Locke (3 episodios)
  • Mark Stanley como Grenn (7 episodios)
  • Ben Crompton como Eddison Tollett (7 episodios)
  • Josef Altin como Pypar (6 episodios)
  • Brian Fortune como Othell Yarwyck (3 episodios)
  • Brenock O'Connor como Olly (5 episodios)
  • Yuri Kolokolnikov como Styr (4 episodios)
  • Charlotte Hope como Myranda (2 episodios)
  • Elizabeth Webster como Fat Walda Frey (1 episodio)
  • Gemma Whelan como Yara Greyjoy (1 episodio)
No Val
En Rocadragón
No Mar Angosto
Nas Terras dos Ríos
  • Andy Kellegher como Polliver (1 episodio)
  • Andy Beckwith como Rorge (1 episodio)
  • Gerard Jordan como Biter (1 episodio)
  • Ben Hawkey como Hot Pie (1 episodio)

Episodios[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título[2] Director(es)[3] Guionista(s) Data de estrea[4] Audiencia en EE. UU. (millóns)
311 "Two Swords"
«Dúas espadas»
D. B. WeissDavid Benioff e D. B. Weiss6 de abril de 20146,64[5]

Tywin Lannister agasalla ó seu fillo Jaime, novo comandante da Garda Real, unha espada de aceiro valyrio. Tyrion e Bronn reciben ó díscolo príncipe Oberyn Martell, que busca vinganza polas aldraxes pasadas á súa casa. Namentres, Sansa recibe un regalo inesperado de Dontos Hollard. No norte, Ygritte e Tormund reúnense con novos reforzos. No Castelo Negro, Jon Neve é sometido a xuízo polo seu tempo entre os salvaxes. No seu camiño a Meereen, Daenerys descobre que non será ben recibida. Nas Terras dos Ríos, Sandor Clegane e Arya Stark teñen unha liorta con soldados Lannister nunha taberna. 

322 "The Lion and the Rose"
«O león e a rosa»
Alex GravesGeorge R. R. Martin13 de abril de 20146,31[6]

Ramsay Neve recibe ó seu pai Lord Roose Bolton en Forte Terror. Ó norte do Muro, Bran emprega as súas habilidades como Cambiapeles. En DragonStone, Melisandre ordena queimar vivos nunha fogueira a varios homes de Stannis Baratheon. King's Landing celebra a voda do rei Joffrey Baratheon con Margaery Tyrell. 

333 "Breaker of Chains"
«Rompedora de cadeas»
Alex GravesDavid Benioff e D. B. Weiss20 de abril de 20146,59[7]

Tralos acontecementos da voda do Rei, Sansa atopa un aliado para escapar de King's Lnading. Namentres, Tywin Lannister e a súa filla Cersei pretenden condenar a Tyrion. No Norte, Samwell Tarly fai que Gilly se mude a Vila Toupa para manterse a salvo, mentres os salvaxes liderados por Tormund e Styr seguen atacando aldeas. En Dragonstone, Davos Seaworth dá cunha idea para procurar un exército á causa de Stannis. Nas Terras dos Ríos, Sandor Clegane e Arya Stark continúan a súa viaxe cara ao Val de Arryn. Ás portas de Meereen, Daenerys e o seu exército son recibidos polo Campión de Meereen. 

344 "Oathkeeper"
«Gardaxuramentos»
Michelle MacLarenBryan Cogman27 de abril de 20146,90[8]

Daenerys captura con éxito a cidade de Meereen entre a revolta dos escravos, e inmediatamente fai xustiza polos nenos escravos mortos, cravando 163 mestres en postes. No mar, Petyr confésalle a Sansa que el foi o responsable de envelenar a Joffrey, malia a súa alianza cos Lannisters. En King's Landing, Olenna tamén lle confía a Margaery que ela foi a que ordenou o envelenamento, e anima a Margaery a facerse coa confianza de Tommen antes de que Cersei o volva en contra dela. Jaime reúnese con Tyrion, e convéncese de que non é culpable. Porén, Cersei está certa da culpabilidade de Tyrion, e ordena aJaime que atope e acabe con Sansa. Pola contra, Jaime encoméndalle a Brienne a misión de procurar e protexer a Sansa, e envía a Podrick canda ela. No Norte, nun intento minar a influencia de Jon, Alliser Thorne e Janos Slynt conspiran contra el envíano nunha contra os renegados da Garda da Noite que ocuparon Craster's Keep. Namentres, Bran e o seu grupo chegan ata Craster's Keep, onde son capturados polos renegados, e Bran é forzado a revelar a súa identidade. Máis ó norte, un Camiñante Branco recolle o derradeiro dos fillos de Craster e lévao a un lugar ritual, onde outro Camiñante Branco ó tocar a faciana do meniño, volve os seus ollos azuis. 

355 "First of His Name"
«O primeiro do seu nome»
Michelle MacLarenDavid Benioff e D. B. Weiss4 de maio de 20147,16[9]

Tommen é coroado como rei. Cersei reúnese con Margaery, Tywin e Oberyn, coa esperanza de poñelos da súa parte no vindeiro xuízo contra Tyrion. No Val, Petyr leva a Sansa a Eyrie, onde a presenta como a súa sobriña. Petyr é forzado a casar con Lysa Arryn ese mesmo día. Malia que é hospitalaria con Sansa nun principio, Lysa axiña se volve envexosa con ela, xa que teme que estea a seducir a Petyr. En Meereen, despois de que Jorah Mormont informase do retorno á escravitude de Astapor e Yunkai, Daenerys decide popoñer a súa invasión de Westeros para traer a orde na Baía dos Escravos e proclámase raíña. No Camiño Real, Sandor Clegane descobre a Arya practicando a súa danza da auga, e anóxaa dicíndolle que o seu estilo de loita e mailo seu mestre Syrio Forel son inútiles. No camiño, Brienne descobre que Podrick non ten moita idea de como ser un escudeiro, mais amósase impresionada ó saber que Podrick acabou cun membro da Garda Real para protexer a Tyrion. Alén do muro, o grupo de Jon ataca ós renegados de Craster's Keep. Locke tenta secuestrar a Bran na confusión, pero é asasinado por Bran usando o corpo de Hodor. Bran e o seu grupo continúan a súa viaxe cara ao norte mentres Jon acaba con tódolos renegados e queima Craster's Keep. 

366 "The Laws of Gods and Men"
«Leis de deuses e homes»
Alik SakharovBryan Cogman11 de maio de 20146,40[10]

En Essos, Stannis e Davos chegan a Braavos para pedirlle ó Banco de Ferro que lles conceda un empréstito. Malia que o Banco de Ferro rexeita a súa tentativa nun principio, Davos consegue convencelos a favor da causa de Stannis, ó tempo que recuperan o apoio de Salladhor Saan e o dos outros piratas. En Meereen, Daenerys intenta facer o seu novo papel como Raíña e escoita cada unha das demandas dos seus súnditos, incluída a de Hizdahr zo Loraq e un home cuxas cabras foron cazadas polos cada vez máis incontrolables dragóns de Daenerys. En Dreadfort, Yara lidera un ataque para rescatar a Theon pero non o consegue porque Theon non quere marchar canda ela. Despois de comprobar que Theon converteuse en Reek, Yara dilles ós seus homes que está morto. Ramsay recompensa a Reek pola súa obediencia e, co obxectivo de tomar Moat Cailin, dille que agora ten facerse pasar por alguén que non é: Theon Greyjoy. En King's Landing, Tywin pon prezo á cabeza de Sandor Clegane e indícalle a Varys que continúe a espiar a Daenerys. Ese mesmo día, Tyrion é levado a xuízo polo asasinato de Joffrey. Porén, tódalas testemuñas falan na súa contra, incluíndo a Meryn Trant, Pycelle, Cersei, Varys e, para sorpresa de Tyrion, Shae tamén mente na súa contra. Anoxado e humillado, Tyrion demanda un xuízo por combate. 

377 "Mockingbird"
«Sinsonte»
Alik SakharovDavid Benioff e D. B. Weiss18 de maio de 20147,20[11]

Despois de descubrir que Cersei escolleu a Gregor Clegane como campión no xuízo por combate, Tyrion está desesperado por atopar a algúen que queira loitar por el. Cando Jaime e Bronn rexeitan loitar pola súa causa, Oberyn Martell acepta sen reservas, xa que ve unha oportunidade de vingar a súa irmá. Daenerys ten sexo con Daario antes de envialo a unha misión para deter o rexurdimento da escravitude en Yunkai. Melisandre e Selyse prepáranse para a súa marcha de Dragonstone, e Jon Snow enfróntase con Alliser Thorne pola inminente ameaza dos salvaxes. Arya e Sandor Clegane atópanse no camiño con vellos coñecidos: Rorge e Biter. Clegane é ferido mais non quere cauterizar a ferida porque lle arrepía o lume. Brienne e Podrick encóntranse cun dos vellos compañeiros de Arya, Hot Pie, e entéramse de que está viva e que estivoa coa Brotherhood. Entón deciden viaxar cara ao Val, deducindo que debe estar na procura dos familiar que aínda viven. No Val, Sansa é bicada por Petyr Baelish na neve, espertando a ira da Tía Lysa, quen o presenciou todo. Máis tarde, tenta empurrar a Sansa a través da Moon Door. Porén, Baelish intervén a tempo e empurra Lysa ó baleiro. 

388 "The Mountain and the Viper"
«A montaña e a víbora»
Alex GravesDavid Benioff e D. B. Weiss1 de xuño de 20147,17[12]

Os salvaxes chegan a Mole's Town e masacran toda a vila. Gilly é descuberta por Ygritte, que lle perdoa a vida cando descobre ó neno no seu colo. Sam láiase da decicisón de deixar a Gilly nese lugar, xa que pensa que está morta. Ramsay forza a Reek a pretender ser el mesmo, Theon Greyjoy, e ordénalle a que convenza ós Fillos do Ferro a render Moat Cailin. Os Fillos do Ferro réndense coa esperanza de regresar ó seu fogar, pero son esfoladas e masacrados polo exército de Ramsay. Como recompensa por conseguir Moat, Roose lexitima a Ramsay como fillo seu. Máis aló do Narrow Sea, Missandei e Grey Worm manteñen unha tensión sexual entre eles. Ser Barristan recibe unha carta dirixida a Ser Jorah, na cal Jorah é perdoado en Westeros como agasallo por espiar a Daenerys. Despois de que Barristan se enfronte a Jorah, dálle a carta a Daenerys, que ordena a Jorah a deixar Meereen e non volver xamais. No Val, Sansa revela ó consello de investigación da morte de Lysa a súa verdadeira identidade e convénceos da inocencia de Baelish. Fóra das portas do Val, Clegane e Arya son informados da morte de Lysa. En King's Landing, Jaime e Tyrion teñen unha conversa polo combate que se achega. Durante o xuízo, o Príncipe Oberyn gaña vantaxe no combate, mais a súa atención está tan dirixida en obter unha confesión da Montaña, que nun intre desafortunado cambian as tornas. A Montaña toma a vantaxe e esmaga a cabeza de Oberyn mentres confesa. Tywin sentenza a Tyrion a morrer por rexicida. 

399 "The Watchers on the Wall"
«Os vixilantes do muro»
Neil MarshallDavid Benioff e D. B. Weiss8 de xuño de 20146,95 [13]

A Garda da Noite prepárase para a invasión dos salvaxes. Gilly chega ó Muro pouco antes de que o faga o exército de Mance Rayder. Os salvaxes atacan dende ámbolos lados, cun dos exércitos escalando o Muro, e o exército de Ygritte atacando Castle Black. Despois de que Ygritte e o seu exército conseguisen entrar, comeza unha sanguenta batalla. Os salvaxes intentan entrar a través do túnel baixo o Muro coa axuda de varios xigantes e un mamut, mais son parados por Grenn e outros cinco homes, que morren protexendo o túnel. Alliser Thorne baixa ó nivel principal de Castle Black para loitar, deixando a Janos Slynt ó mando. Porén, Slynt proba ser un incompetente como comandante, e é enganado para que tamén baixe ó nivel inferior, deixando a Jon ó mando. Pyp é alcanzado por unha frecha de Ygritte e morre nas mans de Sam. Despois de ver como Jon acababa con Styr the Thenn, Ygritte prepárase para matalo, pero é disparado por Olly, quen cobra a súa vinganza por ter matado Ygritte a súa familia. Jon sostén a Ygritte nos seus brazos mentres morre. Coa axuda do lobo de Jon, Ghost, a Garda da Noite aegura Castle Black. Os escaladores do Muro son esnaquizados por unha enorme fouce pendurada, que funciona como a arma secreta do Muro. Os salvaxes retíranse, pero, segundo predicións de Jon, non por moito tempo. Non vendo outra opción, vai ó norte do Muro para atopar e matar a Mance. 

4010 "The Children"
«Os nenos»
Alex GravesDavid Benioff e D. B. Weiss15 de xuño de 20147,09[14]

Jon Snow fala con Mance Rayder, pero as súas negociacións son interrompidas cando Stannis Baratheon e o seu exército irrompen de súpeto na campamento dos salvexes e toman a Mance como prisioneiro. Máis tarde, a Garda da Noite queima os corpos dos mortos mentres Jon queima a Ygritte alén do muro. Bran e o seu grupo chegan ata a Árbore Corazón das súas visións, mais a súa chegada son atacados polos mortos. Jojen morre, mais Bran, Hodor e Meera son salvados por un "Fillo do Bosque" que os leva ata o corvo de tres ollos. En Meereen, Daenerys responde ó desexo dun antigo escravo de ser vendido de novo ó seu amo polo período dun ano. O seguinte cidadán que acode ó seu salón, trae canda si os restos queimados da súa filla pequena, atacada por un dos seus dragóns. Como precaución, Daenerys encadea ós outros dous nas catacumbas. No Val, Brienne e Podrick encóntranse con Arya e Sandor Clegane. Brienne fire mortalmente a Clegane, e Arya consegue escapar. Coa moeda de ferro que Jaqen H'ghar lle deu, Arya merca unha pasaxe nun barco con destino a Braavos. En King's Landing, Cersei ordena a Qyburn que faga todo o que poida por salvar a Montaña. Enfróntase ó seu pai, e ameázao con facer pública a súa relación incestuosa con Jaime se é forzada a casa con Loras. Tyrion é ceibado da súa cela por Jaime, mais atopa a Shae na cama de Tywin e acaba con ela. Despois atopa ó seu pai no retrete e dispáralle coa besta de Joffrey antes de escapar da cidade con Varys. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hibberd, James (9 de xaneiro de 2014). "'Game of Thrones' season 4 premiere date revealed". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2014. 
  2. "Schedule results for Game of thrones" (en inglés). HBO. Consultado o 30 de marzo de 2014. 
  3. Hibberd, James (16 de xullo de 2013). "'Game of Thrones' season 4 directors chosen". Entertainment Weekly (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 1 de marzo de 2014. 
  4. "Shows A–Z – game of thrones". The Futon Critic. Consultado o 11 de xaneiro de 2014. 
  5. "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night + 'The Real Housewives of Atlanta', 'Silicon Valley', 'Married to Medicine' & More". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 11 de abril de 2014. 
  6. Bibel, Sara (15 de abril de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, 'Real Housewives of Atlanta', 'MTV Movie Awards', 'Silicon Valley', 'Mad Men', 'Drop Dead Diva' & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 15 de abril de 2014. 
  7. Kondolojy, Amanda (22 de abril de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, + NBA Playoffs, 'Real Housewives of Atlanta', 'Naked and Afraid' & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 22 de abril de 2014. 
  8. Hibberd, James (28 de abril de 2014). "'Game of Thrones' hits biggest rating yet after controversy". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2014. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  9. Kondolojy, Amanda (6 de maio de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, + 'Real Housewives of Atlanta', 'Married to Medicine', 'Silicon Valley' & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 6 de maio de 2014. 
  10. Bibel, Sara (13 de maio de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, NBA Playoffs, 'Silicon Valley', 'Bar Rescue', 'Real Housewives of Atlanta', 'Mad Men' & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  11. Kondolojy, Amanda (20 de maio de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night + 'Silicon Valley', 'Real Housewives of Atlanta', 'River Monsters', 'Married to Medicine' & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 20 de maio de 2014. 
  12. Kondolojy, Amanda (3 de xuño de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night + NHL Conference Finals, 'Real Housewives of Atlanta: Kandi's Wedding', 'Silicon Valley' & Moreh". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2014. 
  13. Bibel, Sarah (10 de xuño de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night, 'Keeping Up With the Kardashians', 'Devious Maids', 'Veep', 'Turn' & More". TVbyTheNumbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2014. 
  14. Kondolojy, Amanda (17 de xuño de 2014). "Sunday Cable Ratings: 'Game of Thrones' Wins Night + World Cup Soccer, 'Keeping up with the Kardashians', NASCAR & More". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 17 de xuño de 2014.