Gambrinus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gambrinus.jpg

Gambrinus é un lendario rei de Flandres, e o santo patrón non oficial da cervexa ou das cervexarías, como Baco o é do viño.

A orixe do persoaxe, segundo se cre ampliamente, identifícase con Johan, Duque de Borgoña (13711419), que, segundo tamén opinan algúns, foi o inventor da cervexa con malte lupulada. Tamén un dos copeiros de Carlomagno se chamaba Gambrinus

A mención máis antiga do nome aparece no poeta alemán Burkart Waldis, que o menciona no ano 1543, explicando que Gambrinus aprendeu a arte cervexeira de Isis, a deusa da maternidade e da fertilidade no Exipto antigo.

Posíbeles etimoloxías latinas do nome apuntan a unha orixe en cambarus (adegueiro) e ganae birrinus (o que bebe na taberna). A Cervexaría Gambrinus de Plzeň, República Checa explica o nome como orixinado de Jan Primus (John primeiro), en referencia a Johan I, Duque de Brabante. Hai aínda outras teorías.

Gambrinus é a miudo representado con traxe de rei; vestido como un cabaleiro medieval, ou, menos correntemente, como un vello gordocho.

Dado o significado alegórico de Gambrinus, numerosas cervexarías ou compañías cervexeiras de Europa e Norteamérica teñen adoptado a súa imaxe (ou o seu nome) como emblema da súa marca de cervexa ou en carteis, etiquetas, etc.

Varias destacadas cervexeiras que levan o nome de Gambrinus ou usan a súa imaxe, son:

Na cidade galega da Coruña ten dedicada a rúa Gambrinus, na que se localiza a factoría cervexeira Hermanos Rivera, que entre outras marcas elabora a cervexa Estrella de Galicia.