Gambit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gambit é un personaxe de banda deseñada, un superheroe de Marvel Comics, membro dos X-Men. Creado polo escritor Chris Claremont e o artista Jim Lee.

Publicación[editar | editar a fonte]

O carácter fixo a súa primeira apararición, breve, en Uncanny X-Men Annual nº 14 (1990), unhas semanas despois apareceu no número 266 de Uncanny X-Men correspondente a agosto de 1990. Tivo durante dous períodos a súa propia serie, a primeira entre 1998 e 2001 e a segunda entre 2004 e 2005. (agosto 1990), tamén protagonizaou dúas miniseries, en 1993 e 1997. Na serie Age of Apocalypse Gambit ten o seu propio equipo, os X-Ternals.

Características[editar | editar a fonte]

Gambit, que ten como verdadeiro nome Remy Etienne LeBeau, é un mutante que ten a habilidade de manipular a enerxía cinética, tamén é habilidoso na loita corporar e no manexo das cartas, ademais ten poderes hipnóticos e é sedutor coas mulleres, mantén con Rogue unha longa e intermitente relación, tamén foi un dos maiores fumadores de Marvel ata a implementación dunha política antitabaco por parte de Joe Quesada, redactor xefe de Marvel desde o 2000. En orixe era un ladrón profesional e poucos X-Men confiaban nel cando se uniu ó grupo, esa pouca querenza aumentou ó se coñecer a súa relación co malevo Mister Sinister, así e todo algúns dos X-Men aceptárono ó considerar que buscaba a redención. No filme de 2009 X-Men Origins: Wolverine interprétao Taylor Kitsch.