Galvanismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caricatura dun cadáver galvanizado.

O galvanismo é unha teoría nourolóxica desenvolvida por Luigi Galvani, segundo a cal o cerebro dos animais produce electricidade que é transferida polos nervios, acumulada nos músculos e disparada para producir o movemento dos membros. Esta singular teoría percorreu os claustros universitarios europeos entre finais do século XVIII e primeiras décadas do XIX. Os experimentos con animais, e ata con cadáveres humanos, alentaban a secreta esperanza de que, mediante a electricidade, puidesen sanarse enfermidades que provocaban parálises e aínda reanimar un corpo morto. Esas experiencias poden considerarse un remoto antecedente do desfibrilador cardíaco moderno.

En 1818, na universidade de Glasgow, o médico Andrew Ure marabillou a un auditorio popular aplicando corrente ao nervio frénico esquerdo e ao diafragma do cadáver dun axusticiado na forca, co que logrou a reanimación do corpo. Todo terminou nun frenético festival de horror cando se aplicou corrente ao nervio supraorbital e ao talón. A medida que subía a voltaxe, "exhibíronse as muecas máis horribles. Rabia, horror, desesperación, angustia e sorrisos espantosos uniron a súa horrible expresión no rostro do asasino", narrou o propio Ure.

Dous anos antes, nun castelo suízo, Mary Shelley concibira a novela Frankenstein or The Modern Prometheus (Frankenstein ou o moderno Prometeo (en galego)) na que é moi clara a referencia aos experimentos que entón se facían coa electricidade, que apaixonaban ao marido de Mary, o poeta Percy Bysshe Shelley, e ao grupo de intelectuais que a rodeaba. A teoría dun fluído eléctrico nervioso, producido polo cerebro, conducido polos nervios e almacenado nos músculos, foi abandonada polos científicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]