Galsoft Linux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  Galsoft Linux
Lubuntu 12 04.png
Desenvolvedor Equipo de Galsoft Linux
Familia de S.O. GNU/Linux
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento Software libre
Núcleo Linux
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza GPL e outras
Última versión estable 1.1 (15 de setembro de 2012.)
Estado actual En desenvolvemento
Precedido por
Sucedido por
Sitio web Galsoft Linux

Galsoft Linux é unha distribución de GNU/Linux baseado en Lubuntu que ofrece un sistema GNU/Linux executable dende o medio de instalación e instalable, especialmente optimizado para desenvolverse eficazmente en equipos con poucos recursos de hardware.

Galsoft Linux está pensado para equipos portatiles e netbooks con baixos recursos de hardware e 512mb o 1gb de ram funcionando con moita rapidez[1].

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

No verán de 2012 a raíz do proxecto iniciativa xove da Xunta de Galicia un grupo de xovenes galegos decidimos realizar unha distribución propia de Linux, lixeira, rápida e cas todas as aplicacions que usamos no día a día. O resultado foi unha distribución Linux persoalizada con Lubuntu con todos os drivers e aplicacións mais usadas dispoñibles como base e que corre en calquer tipo de equipo sen rápido e sen problemas.

A finais de Agosto 2012 o grupo Galsoft comenzou a traballar na persoalización e creación dunha distribución propia de Linux. A principios de septembro de 2012 lanzouse a Galsoft Linux 1.0.

Debido as suxerencias dos usuarios decidironse incluir algunhas aplicacions adicionais non incluidas na versión inicial e soporte para reprodución de videos e arquivos multimedia, soporte para java e flash nos navegadores incluidos Mozilla Firefox e Chromium e outras melloras que se incluiron na nova versión Galsoft Linux 1.1.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Durante o proceso de desenvolvemento, procurouse combinar un núcleo o máis lixeiro posible, ferramentas de baixos requisitos coas máximas prestacións posibles, un escritorio esteticamente amigable e uns requisitos de hardware e consumo mínimos. Así mesmo, buscouse que o sistema tivese as traducións ao castelán e o galego completas.

Galsoft Linux introduciu a posibilidade de traballar co formato ODF mediante a última versión de AbiWord. Para a xestión de fiestras utilizouse LXDE, e Krusader para a xestión de ficheiros e o escritorio. Ademais, moitas das ferramentas utilizadas tiñan as traducións ao castelán e o galego incompletas ─especialmente as deste último─, e tamén había bastantes aplicacións que non estaban nin tan sequera internacionalizadas ─non se podían traducir─, polo que durante o desenvolvemento do sistema tamén se realizaron intensos traballos de internacionalización e de localización.

Entre as funcionalidades de Galsoft Linus cómpre salientar a escolla do Galego como lingua por defecto no arranque livedvd e na instalación no disco duro.

Motivación[editar | editar a fonte]

A motivación para o desenvolvemento desta distribución foi que os estudantes e mozos en xeral poidan dispoñer unha distribución Linux lixeira que se poida usar en calquer pc e cas aplicacions mais usadas incluidas.

Instalación[editar | editar a fonte]

Como case calquera distribución de GNU/Linux, Galsoft Linux pode executarse dende o propio medio de instalación como Live DVD, ou instalarse no disco duro. O medio de instalación pode ser un DVD ou un dispositivo USB. Asemade, existen imaxes VDI para utilizar a distribución nunha máquina virtual de VirtualBox.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Preguntas máis frecuentes [Ligazón morta].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]