Galotxetes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galotxeta de Monòver.

Os galotxetes, ou galotxes, son a modalidade da pelota valenciana cunha cancha máis pequena, e xogada cunha pelota particular.

Historia[editar | editar a fonte]

As canchas para esta modalidade de pelota, antes habituais en todo o Vinalopó Mitjà, só se atopan hoxe en día no Centro Deportivo de Monòver, El Pinós e La Romana, mais estas últimas son descubertas, e, por tanto, dependen das inclemencias do clima. Isto facía pensar nunha orixe autóctona, pero a rehabilitación no 2006 do Trinquet de l'Abdet, de 1772, cuns sorprendentes parecidos, leva a pensar que, de feito, antes a Pelota grossa tería unha maior extensión.

Instalacións de xogo[editar | editar a fonte]

A cancha de xogo, do mesmo nome, é un recinto pechado de forma rectangular, duns tres metros de ancho por vinte de longo. Á metade hai unha rede destensada dun metro de altura nos extremos e un tanto menos no centro. Na banda dereita da rede, no campo da rest, hai un caixón para sacar nas partidas de parellas. Ademais, en cada frontón hai un tamborí (un bisel duns 45º de inclinación) que permite levantar pelotas mortas e rebotes rápidos e espectaculares.

Un elemento diferenciador das galotxetes son os caixonets, unha especie de portas abertas nas tódalas catro esquinas. Permiten a comunicación das diversas canchas e son, á vez, un recuncho para enviar a pelota e conseguir o quinze.

Reglulamento[editar | editar a fonte]

Pódese xogar man a man ou en equipos de dous contra dous. A única diferenza é a ferida (o saque). Nas partidas individuais débese botar a pelota nun círculo pintado na terra ao fondo esquerdo do dau, mentres que nas partidas por parellas bótase a pelota ao caixón do rest para tirala nun rectángulo arrimado á parede esquerda do dauer.

O xeito de contar é o mesmo que noutros xogos da pelota valenciana (un punto dividido en catro quinzes: 15, 30, val e joc), cada xogo é un punto, e gana quen chega antes aos 12 puntos. Os quinzes conséguense se o rival é incapaz de enviar a pelota ao campo contrario por riba da corda coa man, ou cun bote como máximo (os tamborins contan como aire). Os caixonets son recunchos desde onde é moi difícil volver a pelota. Se a pelota toca a rede pérdese o quinze.

Pelota[editar | editar a fonte]

As pelotas das galotxetes son diferentes de tódalas outras da pelota valenciana e, decotío, feitas manualmente polos mesmos xogadores. Son feitas con roupa e recubertas con esparadrapos, dun peso aproximado de 60 gramos e duns 7 cm de diámetro. O bote é escaso ou nulo.