Gallis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gallis é un casal noruegués do concello de Andebu, a 85 km ao suroeste da capital norueguesa. Aparece por vez primeira documentado no Den røde bok, manuscrito escrito por volta do 1400 no cal se detallan as posesións do bispado de Oslo, co nome de Galiza e é que a súa orixe remóntase a un natural do lugar que peregrinou a Santiago de Compostela e a súa volta as súas posesións recibiron o nome do país ao cal peregrinara. Hai outro topónimo de orixe semellante en Noruega, Jaksland no concello de Røyken.

En xaneiro de 2007 había 66 persoas en Noruega co apelido Gallis