Gallaecimonas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gallaecimonas
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Xénero: ''Gallaecimonas''
Especies

G. pentaromativorans
G. xiamenensis

Gallaecimonas é un xénero de bacterias recentemente descrito, descuberto na costa galega. A primeira especie descrita deste xénero foi Gallaecimonas pentaromativorans gen. nov., sp. nov. descuberta por Rodríguez Blanco et al. en 2010 en sedimentos intermareais da ría de Corcubión en Cee, A Coruña [1]. Trátase dunha proteobacteria da clase Gammaproteobacteria con forma de bacilo Gram negativo [2], halotolerante, que se caracteriza por poder degradar hidrocarburos aromáticos policíclicos de elevado peso molecular de 5 aneis. O xene do ARNr de 16 S mostrou heteroxeneidade, e na cepa estudada CEE_131(T), as súas secuencias indicaron unha distante relación cos xéneros Rheinheimera e Serratia. O seu contido G+C (guanina e citosina) foi de 41,7 mol%. [3] [4] [5]

É especialmente interesante a capacidade de degradar hidrocarburos policíclicos aromáticos desta bacteria, porque estes hidrocarburos son contaminantes moi comúns vertidos no medio polas actividades humanas, e os de elevado peso molecular con de 4 a 6 aneis son difíciles de degradar, tenden a acumularse nos sedimentos e son mutaxénicos, carcinoxénicos ou teratoxénicos. [6]

O nome do xénero procede do nome latino de Galicia, Gallaecia, e do grego monas, mónada. O nome da especie fai referencia a que degrada compostos aromáticos de 5 aneis: pent + aromati + vorans ("devorador de compostos aromáticos con 5 aneis").[1]

Posteriormente, en 2012, Jianning Wang et al. descubriron nun consorcio de bacterias degradadoras de petróleo en mostras extraídas nos arredores da illa de Xiamen (China) a especie Gallaecimonas xiamenensis sp. nov. As análises das secuencias de ARNr da cepa 3C-1-T indicaron que pertencía ao xénero Gallaecimonas cunha similaridade de secuencia do 96,6% ao 96,8 %. O seu contido G+C era do 61,3 mol%. Trátase dun bacilo Gram negativo móbil, que non pode reducir o nitrato. [7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature Genus Gallaecimonas (en inglés)
  2. Gallaecimonas pentaromativorans gen. nov., sp. nov., a bacterium carrying 16S rRNA gene heterogeneity and able to degrade high-molecular-mass polycyclic aromatic hydrocarbons, by A. Rodríguez-Blanco, G. Vetion, M.-L. Escande, D. Delille and J.-F. Ghiglione. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology vol. 60, part 3, pp. 504 - 509 G. pentaromativorans (en inglés)
  3. Rodríguez-Blanco A, Vetion G, Escande ML, Delille D, Ghiglione JF. Gallaecimonas pentaromativorans gen. nov., sp. nov., a bacterium carrying 16S rRNA gene heterogeneity and able to degrade high-molecular-mass polycyclic aromatic hydrocarbons. Int J Syst Evol Microbiol. 2010 Mar;60(Pt 3):504-9. Epub 2009 Aug 4. PMID 19654338. [1] (en inglés)
  4. UniProt Genus Gallaecimonas Gallaecimonas (en inglés)
  5. Arturo Rodríguez-Blanco, Gilles Vetion, Marie-Line Escande, Daniel Delille1, Jean-François Ghiglione. Gallaecimonas pentaromativorans gen. nov., sp. nov., a bacterium carrying 16S rRNA gene heterogeneity and able to degrade high-molecularmass polycyclic aromatic hydrocarbons. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (2010), 60, 504–509 DOI 10.1099/ijs.0.013532-0[2] (en inglés)
  6. Eisler, R. (1987). Polycyclic Aromatic Hydrocarbons Hazards to Fish, Wildlife and Invertebrates: a Synoptic Review. Biol Report 85 (1.11). Washington, DC: US Fish and Wildlife Service. (en inglés)
  7. Jianning Wang, Qiliang Lai, Xue Duan, Yuanyuan Fu, Liping Wang, Wanpeng Wang, Zongze Shao1. Gallaecimonas xiamenensis sp. nov., isolated from a crude oil-degrading consortium, enriched from the surface sea water around the Xiamen Island. IJSEM June 2012 ijs.0.042283-0 G. xianamensis (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]