Galit Gutmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galit Gutmann

Galit Gutmann, nada o 23 de setembro de 1972 en Herzliya, é unha modelo, actriz e presentadora de televisión israelí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gutman comezou a cantar de nena no kibutz Beit Oren, onde pasou parte da súa infancia. En 1981 ela apareceu nunha competición nacional de música cantada por nenos e entrou no mundo da moda pouco despois, aos dezasete anos a versión israelí da revista "Woman" deulle o título de "Descubrimento do ano" no mundo da moda. Posou para os catálogos e campañas de firmas de moda tales como Castro, H & O, Croacker, Oberzon e Dani Mizrah, converténdose nunha das principais modelos de Israel.

Ós 26 anos de idade, en 1998, interpretou o papel de Odelia Tzipori no drama televisivo "Ramat Aviv Gimmel" durante tres tempadas, ata o ano 2000, neses anos tamén estudou interpretación con Yoram Levinstein. Gutman participou ademais nun episodio de HaShir Shelanu e presentou no Canal 10 o programa de entrevistas Limozina (2002-2003) e HaDugmaniyot (2005-2008), un reality baseado no America's Next Top Model.

Está casada co xornalista gráfico Ziv Koren e ten dúas fillas, a familia reside en Tel Aviv.