Galindo I Aznárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galindo I Aznárez (falecido no 867) foi conde de Aragón do 844 ao 867, sucedendo a Galindo Garcés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aznárez era fillo de Aznar I Galíndez, que fora conde de Aragón dende o 809 ó 820 e conde de Urgell e de Cerdanya a partir do ano 820.

Galindo I Aznárez recibiu os dous condados do seu pai (Urgell e Cerdanya), e nalgún momento anterior ao 833 foi designado conde de Pallars e de Ribagorza, ata que foi expulsado no 844. Tras dun período de goberno en Pamplona, volveu a Aragón no 844 para asumir a herdanza de Galindo Garcés, o cal falecera sen descendencia. O conde Galindo figura no cartulario do Mosteiro de San Pedro de Siresa facendo varias doazóns.

Galindo I foi pai de Aznar II Galíndez, o seu sucesor.