Galicia Libre (Bos Aires)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Libre.
Galicia Libre foi unha publicación semanal editada en Bos Aires por iniciativa de Luís Seoane e Xosé Núñez Búa, apareceu o 18 de xuño de 1937 e saíu durante algúns meses. A revista pretendía apoiar ao bando republicano na Guerra Civil española e denunciar os crimes do bando franquista. Incluía debuxos e colaboracións literarias sobre a represión franquista. Tamén publicou un artigo de Castelao no que se facía un chamamento ás sociedades galegas para que apoiasen a causa republicana.