Galicia Liberal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Liberal
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 3901
editar datos en Wikidata ]

Galicia Liberal foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1885 e 1886.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico independente, apareceu en agosto de 1885.[1] Saía dúas veces á semana. O seu director era Adolfo Vázquez Gómez. Incluía noticias locais e de carácter xeral e poesías e folletíns. O seu director foi detido e despois indultado en decembro de 1885.[2] En xaneiro de 1886 foi substituído na dirección por Alfredo Ubiña.[3] Cesou a súa publicación en febreiro de 1886, sendo sunstituído por Galicia Democrática.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 31-7-1885, p. 2.
  2. El Ciclón, 12-12-1885, p. 2.
  3. Gaceta de Galicia,22-1-1886, p. 3.
  4. El Correo Gallego, 9-3-1886, p. 1.