GalegoLab
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GalegoLab é unha asociación cultural fundada en 2010[1] co obxectivo de promocionar e normalizar a lingua propia de Galiza, o galego[2]. A organización ten como principal ferramenta de traballo a súa páxina web, que vén sendo unha rede social de crowdsourcing, onde os usuarios propoñen, cualifican ou denegan a viabilidade dunha idea ou proxecto.
GalegoLab ten como obxectivo de sumar esforzos e vontades, coñecementos e contactos, habilidades e aficións en defensa do idioma galego, especialmente centradas nas culturas emerxentes e nos sectores máis novos da sociedade.
Presentación na web da organización
Algunhas das 50 caras coñecidas que puxeron a andar este proxecto foron Iago Martínez, María Yáñez, Belén Regueira, Antón Reixa ou Xabier P. DoCampo.
En setembro de 2010 a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia premiou a iniciativa GalegoLab dentro da categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e Lingua Galegas[3].
Notas [editar]
- ↑ A comezos de ano, malia que a súa web non foi posta a disposición dos usuarios até o 20 de maio do 2010.
- ↑ GalegoLab nace para renovar a loita polo galego, nova n'A Nosa Terra.
- ↑ "Modernización premia 6 proxectos para desenvolver contidos en internet orientados á promoción cultural e á integración de colectivos con dificultades de acceso á sociedade da información", artigo na web da IMIT, 14 de setembro de 2010