Galbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galbi - 갈비.

Galbi ou kalbi (en hangul 갈비) é un prato típico da cociña coreana elaborado con costelas da vaca, aínda que tamén existen variedades con porco. Pode servirse aliñado con mollos ou non. No caso de servirse sen mollo é habitual facerlle un marinado a carne con salsa de soia, allo e azucre. Mais tamén existen marinadas diversas como poden ser o aceite de sésamo, viño de arroz, pasta de chili. Galbi en coreano significa costela.

Características[editar | editar a fonte]

A carne así preparada ponse na grella e durante a súa preparación realízanselle cortes ao longo dos ósos do costelar para que penetren os xugos da marinada e a carne quede máis sabedora. Da mesma forma cocíñase máis rápido, permitindo igualmente que se poida comer con palillos. O galbi xa preparado pódese encontrar en moitas carnicerías e mercados de Corea.

Pódese atopar en moitos restaurantes especializados coñecidos como "casas galbi", e adoita ser cociñada diante dos comensais ou os propios comensais cociñan a súa propia carne. Sóese servir en follas de leituga, perilla, ou outra verdura con follas que sirva para tapar a carne unha vez cociñada, e acostúmase remollar a carne en ssamjang, unha salsa elaborada con fabas fermentadas e chiles. Acostuma ser servida de guarnición con pratos como o banchan (o máis coñecido é o kimchi).

Pratos con galbi[editar | editar a fonte]

Moitos pratos coreanos incorporan costelas ás preparacións como ingrediente, formando sopas e cocidos. Algúns restaurantes serven "galbi de porco" e "galbi de polo", este último é unha especialidade culinaria da rexión de Chuncheon. Un prato é o galbi tang, unha sopa que contén pezas de galbi, que non está especiado. O galbi jjigae é unha sopa espesa elaborada con grandes pezas de galbi, que pode conter chiles rubios, verdes, kimchi e doenjang (pasta fermentada típica da cociña coreana).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galbi Modificar a ligazón no Wikidata