Galaxy Evolution Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galaxy Evolution Explorer (GALEX)
Galex.jpg
Representación de GALEX.
Tipo Observatorio espacial.
Organización NASA
Satélite de Terra
Data de lanzamento 28 de abril de 2003[1][2][3]
Foguete portador Pegasus XL[2][4]
Sitio de lanzamento Cabo Cañaveral[2][5]
Obxectivo da misión Observación astronómica no ultravioleta.[2][5]
NSSDC ID 2003-017A
Masa 280 kg[4][2][5]
Potencia 290 vatios[2][5]
Semieixo maior 7070,6 km[1]
Inclinación 29 graos[1]
Apoapse 702,4 km[1]
Periapse 696,8 km[1]

Galaxy Evolution Explorer, máis coñecido polo seu acrónimo GALEX e tamén nomeado como Explorer 83, é un observatorio espacial da NASA pertencente ó programa Explorer lanzado o 28 de abril de 2003 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Pegasus XL.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de GALEX é observar o ceo na banda ultravioleta para estudar a orixe e evolución das galaxias e a orixe das estrelas e os elementos pesados no rango do corremento ao roxo (z) entre 0 e 2.[2][4]

O satélite estabilízase nos tres eixos e a alimentación eléctrica é proporcionada por catro paneis solares fixos con células de arseniuro de galio. O bus está basado no OrbView 4 da empresa Orbital Sciences.[2][5]

As comunicacións teñen lugar mediante un enlace en banda X cunha velocidade de descarga de ata 25 Mbps. Úsase a banda S para enviar comandos cara o satélite e para obter datos de mantemento, cunha velocidade de ata 2 Mbps.

A galaxia de Andrómeda observada no ultravioleta por GALEX.

Instrumentos[editar | editar a fonte]

GALEX usa un telescopio de 50 cm de apertura de tipo Ritchey-Chretien que encamiña a luz a un par de sensores capaces de observar no rango de lonxitudes de onda de 175 a 280 nanómetros e no rango de 135 a 174 nanómetros.[2][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "GALEX" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=27783. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 "GALEX" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2003-017A. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 27 August 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87989(E)): 2. 15 de setembro de 2003. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1207. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Explorer: GALEX (SMEX 7)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_galex.htm. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 "Galex" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/galex.htm. Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galaxy Evolution Explorer