Galactosamina
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Galactosamina | |
|---|---|
Molécula de galactosamina |
|
| Nome IUPAC | 2-Amino-2-desoxi-D-galactosa |
| Outros nomes | α-D-galactosamina |
| Fórmula empírica | C6H13NO5 |
| Masa molecular | 179,171 g/mol |
| Estado físico/Cor | |
| Número CAS | 7535-00-4 |
| Propiedades | |
| Densidade | |
| Punto de fusión | 180 °C (en sal de HCl) |
| Punto de ebulición | |
| Solubilidade en auga | |
A galactosamina é un aminoazucre hexosamina derivado da galactosa, coa fórmula C6H13NO5.[1] Leva un grupo amino no carbono 2, que substitúe ao grupo OH que tiña a galactosa alí [2] [3]. Este amino azucre é un constituínte de certas glicoproteínas que actúan como hormonas no organismo, entre as que se poden salientar a hormona estimulante dos folículos (FSH) e a hormona luteinizante (LH). Estas hormonas tamén presentan outros azucres tales como a glicosamina, a galactosa e a glicosa.
A galactosamina tamén pode actuar como axente hepatotóxico, polo que é utilizada en modelos animais para estudar diversas patoloxías relacionadas coa insuficiencia hepática [4] [5] [6]
Índice |
Notas [editar]
- ↑ Merck Index, 11th Edition, 4240.
- ↑ PubChem compound Galactosamine
- ↑ ChemSpider galn
- ↑ H. Gerhard Vogel: Drug discovery and evaluation, s. 944. Springer, 2002. ISBN 978-3540423966.(acceso 26-11-2011). [1] (en inglés)
- ↑ John A. Timbrell: Principles of biochemical toxicology, s. 359. Informa Health Care, 2008. ISBN 9780849373022. (acceso 26-11-2011). [2] (en inglés)
- ↑ Hyman J. Zimmerman: Hepatotoxicity, s. 120. Lippincott Williams & Wilkins, 1999. ISBN 978-0781719520. (acceso 26-11-2011).[3] (en inglés)