Gakti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saamis vestidos co gakti, o seu vestido tradicional.

O gakti é a variedade de roupa empregada polos saami, pobo do norte de Escandinavia, Finlandia e Rusia. Emprégase en cerimonias cando se traballa, sobre todo cando o traballo ten que ver ca cría de reno.

Esta roupa caracterízase por unha cor azul dominante na roupa adornada con ornamentos vermellos, verdes e amarelos. Combínase con gorro, luvas, correas e botas, o que protexe a quen leva esta roupa do frío de Laponia.