Gaivina de cara branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaivina de cara branca
Adultos
Adultos

Cría en voo
Cría en voo

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Sternidae
Xénero: 'Chlidonias'
Especie: ''C. hybrida''
Nome binomial
''Chlidonias hybrida''
(Pallas, 1811)
Subespecies
  • C. h. hybrida
  • C. h. delalandii
  • C. h. javanicus

A gaivina de cara branca (Chlidonias hibridus) é unha ave mariña da familia Sternidae. Ten diversas razas xeográficas que se diferencian polo tamaño e algúns pequenos detalles da plumaxe.

Descrición[editar | editar a fonte]

A plumaxe na época de cría e gris escura, os adultos teñen as meixelas brancas, feito que lles da o seu nome. Ten na cabeza unha pucha negra característica. A cola é curta e ten forma de galleto. O bico é forte (mide de 29 a 34 mm nos machos e de 25 a 27 mm nas femias). En inverno a plumaxe son dun gris moito máis pálido, e a fronte é branca. A plumaxe dos exemplares novos é semellante á plumaxe invernal dos adultos, agás polo lombo de cor xenxibre.

Costumes[editar | editar a fonte]

Os exemplares tropicais son sedentarios, pero os que viven en Europa e Asia emigran en inverno a ägfrica e o sur de Asia. Cría en colonias, a miudo mesturado con algunhas especies de gaivota. Poñe, entre maio e xuño, uns 3 ovos.

Aliméntase de peixes pequenos, crustáceos e insectos que captura na superficie da auga.

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • C. h. hybridus, a forma tipo, cría en Europa e Asia.
  • C. h. delalandii, máis escuro e co bico máis curto é natural do este e sur de África.
  • C. h. javanicus, de cor máis pálida cá forma tipo, vive dende a illa de Xava a Australia.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaivina de cara branca Modificar a ligazón no Wikidata