Salustio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gaio Salustio Crispo»)
Infotaula de personaSalustio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) C. Sallustius Qui. Crispus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 86 a. C. Editar o valor em Wikidata
Amiterno (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 35 a. C. Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Tribuno da plebe (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónAncient Roman historian (en) Traducir , político da Roma antiga , poeta , escritor , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana serodia Editar o valor em Wikidata
Partido políticopopulares Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTerência (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosGaius Sallustius Crispus (en) Traducir, fillo adoptivo Editar o valor em Wikidata
IrmánsSallustia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
50 a. C.expulsion from the Roman Senate (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 45358 Discogs: 4034424 Editar o valor em Wikidata

Gaio Salustio Crispo (en latín Gaius Sallustius Crispus), máis coñecido como Salustio (n. 1 de outubro de -86, en Amiternum13 de maio de -34, en Roma), foi un historiador romano.

Vida política[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha coñecida familia plebea, Salustio tivo unha infancia e mocidade enfermiza. Gañou as eleccións a cuestor do ano -55 e foi elixido tribuno da plebe en -52, o mesmo ano en que Clodio foi asasinado nunha pelexa na rúa polos seguidores de Milón. Salustio opúñase a Milón e ao partido de Pompeio, así como á vella aristocracia romana. Salustio apoiou o xuízo a Milón. Tamén se enfrontou co famoso orador Cicerón.

Foi desde o principio un firme partidario de César, ao que debía parte da súa ascensión na política. No -50 foi expulsado do senado polo censor Apio Claudio Pulcro baixo a acusación de inmoralidade grave, aínda que a verdadeira razón podería estribar na súa amizade con César. Durante o seguinte ano, e sen dúbida debido á influencia do mesmo César, foi reinstaurado no Senado.

Durante o ano -46 exerceu o cargo de pretor, acompañando a César na súa campaña de África que terminou coa derrota efectiva dos restos dos partidarios de Pompeio en Tapso. Como recompensa polos seus servizos, Salustio foi nomeado gobernador da provincia de Africa Nova. Neste posto foi culpábel dun estado de opresión e extorsión tal, que só a influencia de César lle permitiu esquivar unha condena. Á súa volta a Roma, comprou e deu grande esplendor aos famosos xardíns do Quirinal, coñecidos como os Horti Salustiani. Estes xardíns, máis tarde, pertencerían aos emperadores.

Salustio entón retirouse da vida pública, dedicándose por completo á literatura histórica, e a desenvolver aínda máis os seus xardíns, nos que gastou gran parte da fortuna que acumulara.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Clásicos en Galego 26: A conxuración de Catilina e A guerra de Iugurta.

Os seus relatos da chamada Conxuración de Catilina (De Catilinae coniuratione ou Bellum Catilinae) e da Guerra de Iugurta (Bellum Iugurthinum), chegaron ata nós completos, xunto a fragmentos do seu maior e máis importante traballo, Historiae, unha historia de Roma desde o -78 ao -67, que pretende ser unha continuación do traballo de Lucio Cornelio Sisena.

A conxuración de Catilina[editar | editar a fonte]

Artigo principal: A conxuración de Catilina.

A conxuración de Catilina (o seu primeiro traballo publicado) contén a memorábel historia do ano -63 Salustio adopta o punto de vista normalmente aceptado de Catilina, describíndoo como un inimigo deliberado da lei, a orde e a moralidade, e non ofrece unha explicación comprensiva dos seus motivos e intencións. Catilina, debe lembrarse, apoiou o partido de Sila, ao que se opuña Salustio. Podería ser verdade, segundo a teoría de Theodor Mommsen que Salustio estivese particularmente ansioso por limpar o nome do seu patrón de calquera complicidade na devandita conspiración.

Ao escribir sobre a conxuración de Catilina, o ton e o estilo de Salustio, e as descricións do comportamento da aristocracia mostran a súa preocupación polo declive da moral romana. Ao tempo que verte as súas invectivas contra o carácter depravado e os viciosos actos de Catilina, non deixa de constatar que este home tiña moitos trazos nobres, de feito, todos os necesarios para o éxito social dun romano.

Este tema deulle a oportunidade de estenderse na súa retórica á custa da vella aristocracia romana, cuxa dexeneración se encargou de mostrar na súa máis escura faceta. No seu conxunto, non é inxusto con Cicerón.

A guerra de Iugurta[editar | editar a fonte]

Artigo principal: A guerra de Iugurta.

Na súa Guerra de Iugurta, de novo, aínda que presenta un interesante e valioso monográfico, non ofrece un resultado satisfactorio. Debemos asumir que Salustio colleitou e uniu materiais diversos durante o seu período como gobernador en Numidia. Tamén aquí se queixa da debilidade do senado e a aristocracia, demasiado frecuentemente cunha vea moralizadora e filosófica, aínda que como historia militar é un traballo pouco satisfactorio en aspectos xeográficos e detalles cronolóxicos.

Outros traballos[editar | editar a fonte]

  • Os fragmentos superviventes das Historias (algúns deles descubertos en 1886) son suficientes para mostrar o partidario político, que se comprace en describir a reacción contra a política e a lexislación do ditador tras a morte deste. É lamentábel a perda deste traballo, que podería achegar moita luz sobre este período cheo de acontecementos, que incluirían a guerra contra Sertorio, as campañas de Lúculo contra Mitrídates VI do Ponto, así como as vitorias de Pompeio o Grande no leste.
  • Dúas cartas (Duae epistolae de republica ordinanda) con consellos políticos así como outros anuncios enviados a César, os cales, a pesar de se consideraren auténticas hoxe en día, foron tachadas de apócrifas en numerosas ocasións. Tamén lle atribúen un ataque sobre Cicerone (Invectiva ou Declamatio in Ciceronem), aínda que se cre que probabelmente pertenzan ao traballo dun retórico do século I.
Gaio Salustio Crispo.

A relevancia de Salustio[editar | editar a fonte]

En conxunto, o veredicto é favorábel para Salustio como historiador. Tácito cita con frecuencia a Salustio nos seus Anais (iii, 30), do mesmo xeito que Quintilio (ii. 5, x. i), quen o lembra como un historiador superior a Tito Livio, e non vacila en situalo ao mesmo nivel que Tucídides.

Salustio impulsou practicamente por si só unha nova liña literaria. Mentres os seus predecesores foran pouco máis que secos e poeirentos cronistas, el acometeu a tarefa de explicar as conexións e o significado dos acontecementos, sendo ademais un bo descritor de personaxes. O contraste entre a súa mocidade e o ton altamente moral adoptada nos seus escritos usouse frecuentemente como motivo de reproches cara á súa figura, aínda que non existe ningunha razón para pensar que non se reformase.

En calquera caso, o seu coñecemento das súas antigas debilidades poderíalle levar a adoptar un punto de vista pesimista sobre a moralidade dos seus compatriotas, e polo tanto, a xulgalos severamente. O seu modelo era Tucídides, a quen imitaba nas súas sentenzas e imparcialidade, na introdución das reflexións filosóficas e discursos, e na brevidade do seu estilo que algunhas veces bordeaba o escurantismo.

O seu cariño polas vellas palabras e frases, nas que imitaba o seu contemporáneo Catón o Mozo, era ridiculizado como un defecto, aínda que era precisamente este defecto nas súas esaxeracións retóricas o que fixo a Salustio o autor favorito no século II e en adiante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Salustio Crispo, Cayo/ Pseudo Salustio/ Pseudo Cicerón (1997). Conjuración de Catilina; Guerra de Jugurta; Fragmentos de las «Historias»/ Cartas a César; Invectiva contra Cicerón/ Invectiva contra Salustio. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1879-8. 
  • Pseudo Plutarco/ Porfirio/ Salustio (1989). Sobre la vida y poesía de Homero/ El antro de las ninfas de la odisea/ Sobre los dioses y el mundo. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1405-9. 
Bibliografía analítica
  • Luque Frías, Mª (?). El pensamiento político de Cicerón y Salustio: Su legado histórico en la cultura occidental. Ed. Comares. ISBN 84-8444-957-2. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]