Gaetano da Thiene
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Gaetano da Thiene (Vincenza Outubro 1480, Nápoles, 7 de agosto de 1547), chamado polos católicos San Caetano, naceu en Vicenza preto de 1480, doutorouse en dereito na universidade de Padua en 1504 antes de ingresar no clero. Foi chamado a Roma por Xulio II, que o fixo seu secretario, en 1506. O seu contacto coa curia desencantouno e levouno a ser un dos primeiros reformadores católicos: “Roma un tempo santa, ora è una Babilonia”. Deixou Roma tan cedo como puido e adicouse á caridade e a reforma. Non foi ordenado sacerdote até 1516, pois non se consideraba digno do cargo. Volveu a Roma en 1523 para fundar con Pietro Carafa (despois papa Paulo IV) a primeira congregación de cregos regulares, a dos Teatinos.
Morreu en Napoles no 1547 e foi canonizado por Clemente X no 1671.
Seu nome parece que provén dun tío seu que era nativo de Gaeta, pois xa en época romana se chamaba Caietani aos desta vila.
A súa festa celebrase o 7 de agosto.