Gael García Bernal
| Gael García Bernal | |
|---|---|
García Bernal no 2009. |
|
| Nacemento | 30 de novembro de 1978 (34 anos) Guadalaxara, Jalisco, |
| Profesión | Actor |
| Cónxuxe(s) | Dolores Fonzi (2009-presente) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Gael García Bernal, nado o 30 de outubro de 1978 en Guadalajara, Jalisco, é un actor mexicano de teatro, televisión e cinema.
Índice |
Televisión [editar]
Gael é fillo dos actores José Ángel García e Patricia Bernal. Iniciou con eles a súa carreira artística actuando en teatro. Aos 11 anos participou na súa primeira novela, Teresa protagonizada por Salma Hayek. Tres anos máis tarde tivo o seu primeiro papel estelar na novela El abuelo y yo ao carón de Ludwika Paleta e Diego Luna.
Cine [editar]
Foi para Londres para estudar actuación na Central School of Speech and Drama e ao voltar para México actuou en curtas como De tripas corazón, que foi nomeado ao óscar. O seu primeiro filme foi Amores perros, dirixido por Alejandro González Iñárritu no 2000. Este filme foi un éxito de recadación e foi nomeada ao óscar como Mellor filme de fala non inglesa. No ano 2001 filmou E a túa nai tamén, de Alfonso Cuarón, unha película cargada de sensualidade que malia non ser elixida por México para representar o seu país nos óscares, foi nomeada ao Mejor guión. No 2002, actuou en O crime do padre Amaro, baseado nun texto de Eça de Queirós, interpretando o papel que lle dá nome ao filme. Esta película foi tamén nomeada ao óscar como Mellor filme de fala non inglesa. No 2004 actuou nas exitosas películas, Diarios de motocicleta do brasileiro Walter Salles, baseada na vida do Che Guevara e en A mala educación de Pedro Almodóvar.
A biografía de Gael está incluída na Enciclopedia Británica. A revista People en Español incluíu a Gael nas listaxes de Artista mellor vestido, Solteiro máis desexado e As 50 belezas latinas. A revista para homes GQ nomeouno un dos Homes do ano no 2004, a canda o estadounidense Tom Cruise e o británico Jude Law.
Novelas [editar]
- El Abuelo y yo (1992)
- Teresa (1989)
Filmografía [editar]
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 2000 | Queen of Swords | Churri | Episodio "Honor Thy Father" |
| 2000 | Amores perros | Octavio | |
| 2001 | Sin Noticias de Dios | Davenport | Nomeado ó Goya ó mellor actor de reparto |
| 2001 | Vidas privadas | Gustavo 'Gana' Bertolini | |
| 2001 | Y tu mamá también | Julio Zapata | |
| 2001 | El ojo en la nuca | Pablo Urrutia | |
| 2002 | I'm with Lucy | Gabriel | |
| 2002 | Fidel | Ernesto "Che" Guevara | |
| 2002 | El Crimen del Padre Amaro | Padre Amaro | |
| 2003 | Dreaming of Julia | Ricky | |
| 2003 | Dot the I | Kit Winter | |
| 2004 | Bad Education | Ángel/Juan/Zahara | |
| 2004 | The Motorcycle Diaries | Ernesto "Che" Guevara | |
| 2005 | The King | Elvis | |
| 2006 | Babel | Santiago | |
| 2006 | The Science of Sleep | Stéphane | Filme francés, escrito e dirixido por Michel Gondry |
| 2007 | Déficit | Cristobal | Tamén director e produtor |
| 2007 | El Pasado | Rímini | |
| 2008 | Blindness | King of Ward 3 | |
| 2008 | Rudo y Cursi | Tatto | |
| 2009 | Mammoth | Leo Vidales | |
| 2009 | The Limits of Control | Mexicano | |
| 2009 | 8 - 'The Letter' | - | Produtor, Escritor e Director |
| 2010 | Letters to Juliet | Victor | |
| 2010 | También la lluvia | Sebastián | |
| 2010 | José and Pilar | El mesmo | Documental sobre José Saramago |
| 2011 | A Little Bit of Heaven | Julian Goldstein | |
| 2011 | Casa de Mi Padre | Onza | |
| 2011 | The Loneliest Planet | Alex |